InicioDeportesO C.D. Lugo presenta a campaña de abonados

O C.D. Lugo presenta a campaña de abonados

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Club Deportivo Lugo anunciou a campaña de abonados para a tempada 2018-2019. O prezo de adultos será, dependendo da grada escollida, entre 125 e 275 euros, os menores de 23 anos terán un custo entre 95 e 195 euros, os maiores de 65 anos entre 115 e 250 euros, o menores de 14 anos entre 30 e 60 euros e para os desempregados será entre 100 e 225 euros.

A renovación dos abonos comezou onte e pódese realizar no estadio Ángel Carro e en CDLU Store de luns a venres en horario de 9:30 a 14 e de 16 a 19:30 horas no estadio e de 10:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas na tenda do club.

Unha das novidades é a creación dunha grada de animación no fondo norte baixo o nome “Lugo Fans 1953” en referencia ao ano de fundación do equipo albivermello. Será sen límite de idade e aberto a calquera afeccionado. O custo será de 75 euros. O aforo deste sector é de 136 prazas.

Ademáis, o Club Deportivo Lugo “ten a intención de coordinar diferentes liñas de autobuses procedentes de diferentes puntos da provincia”.

Segunda campaña con “Banco de Alimentos”

Ao igual que a tempada pasada, o club mantén a colaboración con Banco de Alimentos. Así, os primeiros 500 menores de 14 anos que acudan ao estadio Ángel Carro cunha donación de comida terán o seu abono gratuito. Neste ano, os produtos escollidos serán macarróns e fariña. Os interesados deberán entregar 6 kilogramos dos dous produtos en CDLU Store ou no estadio, e sempre vencellado a unha alta ou renovación dun pai, nai ou tutor.

Guiño aos peregrinos

Por outra banda, os peregrinos cuxa parada coincida con partido do Club Deportivo Lugo no estadio Ángel Carro poderá vir a dito encontro nunha iniciativa en colaboración coa Asociación Amigos del Camino.

Finalmente, o club promoverá durante xullo e agosto unha oficina móbil por tódalas comarcas da provincia para tentar acadar abonados e afeccionados do Club Deportivo Lugo.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...