InicioDeportesO Ensino ficha á aleiro Laura Aliaga

O Ensino ficha á aleiro Laura Aliaga

PUBLICADA O

- Advertisement -

Durán Maquinaria Ensino Lugo C.B. anunciou a fichaxe da aleiro Laura Aliaga Romero, de 23 anos e 1.86 metros de estatura. Aliaga procede de Club Baloncesto Bembibre, da Liga Día, máxima categoría do baloncesto feminino, co que promediou 3.6 puntos, 1.2 rebotes, 0.5 asistencias e 0.4 recuperacións en 15´51″ por partido.

A exterior de Alacant sobresae nas triplas, cun notable 35.3 % de efectividade na campaña precedente.

Ademáis, no campionato 2015-2016, na máxima categoría no Club Deportivo Zamarat aportou 6.4 puntos, 2.3 rebotes, 0.6 asistencias e 0.7 roubos en 20´51″ por encontro cun 33.7 % en triplas e 45.8 % en tiros de dous puntos. 

Segundo o club, Laura Aliaga “é unha xogadora de equipo, cunha gran capacidade defensiva, espírito de sacrificio e versatilidade para xogar de ala-pívot se fora necesario”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A CIG traslada a súa manifestación do 1 de maio a Lugo para denunciar a “deriva autoritaria e golpista do PP”

Os sindicatos lanzarán un berro pola paz e contra a guerra este 1 de...

Remata a repavimentación da rúa Benxamín Paz en Vilalba

O Concello de Vilalba vén de concluír os traballos de aplicación do aglomerado en...

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...