InicioDeportesÁlvaro Lemos, ex Celta e ex Lugo, ficha pola U.D. Las Palmas

Álvaro Lemos, ex Celta e ex Lugo, ficha pola U.D. Las Palmas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O lateral ou extremo dereito compostelán Álvaro Lemos é novo xogador da Unión Deportiva Las Palmas, equipo recén descendido de Primeira División á Segunda División. O xogador galego, de 25 anos, rescinde co R.C. Celta de Vigo e asina por tres tempadas. Alí coincidirá co galego Toni Otero, director deportivo da U.D. Las Palmas e que tamén o fichou para o Club Deportivo Lugo en 2015.

Lemos xogou cedido dende xaneiro no Club Deportivo Lugo disputando 8 partidos. Tamén competiu no Lugo na tempada 2015-2016 onde comezou con ficha do filial, que competía en Primeira Autonómica, e despois gañause a titularidade en Segunda División coma lateral dereito (sempre foi considerado extremo dereito ao longo da súa carreira deportiva) e xogar 22 partidos indo claramente a máis e sendo un dos xogadores máis importantes no treito final. Lemos destaca pola súa potencia, capacidade ofensiva e centro lateral.

En 2016, ficha polo Celta de Vigo disputando 3 partidos de Europa League, 5 de Liga e 1 de Copa do Rei. Marcou un gol no seu debut en Primeira en Leganés.

Ao inicio da pasada tempada, xogou no Racing Club de Lens, da Segunda División francesa competindo en 8 encontros, 6 de Liga e 2 de Copa da Liga.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...