InicioEconomíaO Concello de Lugo pagou case 30 millóns con reparos de legalidade...

O Concello de Lugo pagou case 30 millóns con reparos de legalidade no 2019

O PP pídelle ao bipartito que "devolva á legalidade" os contratos de servizos como a EDAR, a ETAP ou a recollida de lixo, nos que atopa o porqué deste "novo récord" de facturas pagadas ás marxes dos procedementos legais establecidos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP de Lugo denuncia que o Concello firmou un “novo récord” de pagos con reparos de legalidade durante o 2019, ao alcanzarse a cifra de 27.911.883’44 € en facturas que non seguirían os procedementos legais establecidos.

Ante estes datos, o voceiro do PP local, Ramón Carballo, tacha de “nefasta” a planificación económica do bigoberno, pois a terceira parte do orzamento municipal tería sido destinada a efectuar pagamentos con reparo de legalidade. Como motivo do problema, Carballo sinala directamente aqueles servizos municipais que se atopan con contrato caducado ou que carecen del. Por iso, pídelle ao PSOE e BNG que “devolvan á legalidade” esas prestacións.

Concretamente, os contratos que se atopan nunha situación de ilegalidade e que acumulan unha maior contía económica serían os seguintes: servizo de recollida de lixo (954.717’81€), EDAR (2.192.594,06€); ETAP (1.652.944,87€); mantemento da rede semafórica (1.786.069,58€), limpeza das dependencias municipais (1.649.042,83€) e mantemento das zonas verdes (1.233.537,80€).

A maiores, o voceiro popular cre que a situación se agrava ao engadir aos reparos de legalidade os recoñecementos extraxudiciais de crédito que o bigoberno leva mensualmente a cada pleno. “Falamos doutra situación que debería ser extraordinaria e que os socialistas converteron en habitual no concello”, lamentou.

 

+ posts

ÚLTIMAS

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...

Susie Q’s e Doc Magoo’s pecharán un exitoso ciclo de concertos na Terraza do Pazo de Lugo

A Terraza do Pazo, no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, presentaba a...