InicioDeportesJavi López era o "candidato ideal", segundo Emilio Viqueira

Javi López era o “candidato ideal”, segundo Emilio Viqueira

PUBLICADA O

- Advertisement -

Javi López foi presentado este mediodía como primeiro adestrador de Club Deportivo Lugo. Chega acompañado por David Sierra coma segundo técnico, tal e como confirmou na rolda de prensa. López firma por dúas tempadas e procede do Real Sporting de Gijón, onde traballou a última campaña na secretaría técnica xunto a Miguel Torrecilla, co que traballou tamén no exercicio 2016-2017 no Real Betis Balompié. A súa última experiencia como adestrador foi co R.C. Celta de Vigo B no campionato 2014-2015. Os pais do adestrador barcelonés son nados en Lugo.

Emilio Viqueira, director deportivo albivermello, afirmou que Javi López é un profesional da súa “confianza” e o “candidato ideal para darlle continuidade ao que o Lugo vén desenvolvendo nos últimos anos: un fútbol combinativo e vistoso”. Viqueira subliñou o seu “amplo coñecemento do fútbol na Segunda División” e “traballou en clubes de formación”, polo que lles permitirá “traballar coa xente da canteira e apostar por xente da casa”. Tamén, resaltou o seu “traballo incansable”.

Pola súa banda, Javi López amosouse “ilusionado” porque volve ao que lle “gusta” e “máis preparado”. Respostou que ten unha “orientación” sobre a confección da plantilla e quere formar “un bo grupo de traballo e unido”.

López opinou que a vindeira Liga 1|2|3 será “a máis dura” da historia ou “moi preto” de sela. Explicou que o obxectivo é facer “unha boa pretempada e pensar no primeiro partido”.

O adestrador barcelonés contestou que comezarán a pretempada o luns 9 de xullo e contan con xogar “8 amigables”. A preparación comezará en Lugo e “hai a posibilidade de saír unha semana”.

Finalmente, Javi López confirmou que o lucense Roberto Fernández, ex porteiro do Lugo durante as últimas tres tempadas e que anunciou a súa retirada, será o novo adestrador de porteiros. 

 

 

 

 

 

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...