InicioSociedadeQue pasa coas ratas en Lugo?

Que pasa coas ratas en Lugo?

Estes roedores están causando numerosas incidencias en infraestruturas públicas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Deixar sen servizo toda unha rede de semáforos na Fonte dos Ranchos. Esa é a última conquista das ratas en Lugo. Uns roedores que non é a primeira vez que a montan na cidade e que xa teñen deixado sen luz a varios edificios da capital.

Este martes, o concelleiro de Infraestruturas Urbanas do Concello de Lugo, Alexandre Penas, deu conta dos incidentes que tiveron lugar na rede semafórica municipal, á altura de Fonte dos Ranchos, “debido a mordeduras de ratas que afectaron o cableado”.

Este é un incidente que se vén repetindo nos últimos tempos en varios puntos da cidade, polo que vimos de trasladar un informe á área de Medio Ambiente para que poidan estudar as posibilidades de realizar unha desratización nos puntos máis habituais deste tipo de incidentes e garantir o bo funcionamento da rede semafórica e de iluminación”, subliñou.

Neste punto tamén coincide o PPdeG. O seu portavoz municipal, Ramón Carballo, esixiu a “desratización urxente de Lugo” despois de coñecer o suceso ocorrido nos semáforos de Fonte dos Ranchos. “Ten que licitar de inmediato o contrato da rede semafórica de Lugo e que se inclúa mantemento dos mesmos 24 horas durante todo o ano para evitar situacións así”, dixo.

+ posts

ÚLTIMAS

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

O PP recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa de Guitiriz

O PP de Guitiriz recorre o arquivo das actuacións contra a alcaldesa ao consideralo...

O PSdeG de Muras acusa ao BNG de impedir intervir á súa voceira

O PSdeG de Muras denunciou que o alcalde, Manuel Requeijo, impediu intervir á voceira...