Home Lugo e contorna Lugo O prazo para pedir permiso para fogueiras de San Xoán remata o venres

O prazo para pedir permiso para fogueiras de San Xoán remata o venres

0
O prazo para pedir permiso para fogueiras de San Xoán remata o venres
Fogueira de San Xoán | OB

Este venres 22 de xuño remata o prazo de solicitude dos permisos para as fogueiras de San Xoán. Segundo confirmou o voceiro municipal, Miguel Fernández, as persoas interesadas terán que persoarse nas dependencias da Policía Local antes das 13.00 horas do venres. O representante do Concello lembrou así mesmo as normas recollidas no bando que regula as fogatas do Lume Novo, para evitar a queima de lixo.

O documento especifica que está prohibida a combustión de rodas e cubertas de goma, plásticos ou calquera derivado de hidrocarburos, así como materiais ou produtos contaminantes, fedorentos ou tóxicos. Serán o responsable ou responsables, e os organizadores de cada fogueira, quenes terán a obriga a retirar do lugar de celebración todos os restos que queden unha vez rematada a queima.

As fogueiras non poderán facerse en lugares próximos á liña eléctrica, inmobles, zonas verdes ou de xardíns, e naqueles nos que poidan crearse situacións de perigo. Tampouco se poderán facer dentro do recinto do casco histórico. Tamén queda prohibido o lanzamento de foguetes.

En caso de incumprimento do indicado ou de queixas fundamentadas da veciñanza, procederase polo Servizo de Extinción de Incendios, e a requirimento da Policía Local, a extinguir de inmediato a fogueira.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here