InicioSucesosArde unha casa no centro de Lugo habitada por okupas

Arde unha casa no centro de Lugo habitada por okupas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os servizos de emerxencias foron mobilizados á primeira hora desta mañá como consecuencia dun incendio nunha casa abandonada no centro urbano de Lugo, na Avenida de Madrid.

Segundo informa Cope Lugo, un particular avisou a través do 112 ás 08:57 horas de que se vía saír fume do inmoble, unha vivenda abandonada na que, nalgunha ocasión, os veciños da zona viran pasar a noite a un indixente.

O 112 mobilizou á Policía Local, á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e aos Bombeiros de Lugo, que están a traballar no punto. Tamén se deu aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 por se fose necesario atender a algunha persoa a causa do lume.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Raíces nas Augas’: a obra que aborda as migracións entre Europa e o Río da Prata combinando o rigor e a dimensión humana

‘Raíces nas Augas’ é unha obra que reconstrúe, en palabras do seu autor, o...

Investigan a morte dunha muller tras precipitarse na Muralla de Lugo

Unha muller faleceu na madrugada deste domingo tras precipitarse desde a Muralla de Lugo,...

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Vilalba leva a pleno a renovación do saneamento na rúa Plácido Peña

O Concello de Vilalba celebrará o vindeiro martes, 5 de maio, un pleno extraordinario...