InicioSucesosArde un camión con palla na A-6 á altura das Nogais

Arde un camión con palla na A-6 á altura das Nogais

O condutor indicou ao 112 que el mesmo separou a cabeza tractora do remolque do camión e que tratou de extinguir as chamas coa axuda dun extintor.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Bombeiros de Sarria interveñen este sábado na autovía A-6, á altura das Nogais, no incendio que se declarou nun camión que transporta palla. Foi necesaria a interrupción do tráfico nun carril da autovía, ao quedar a palla espallada pola vía despois de ser retirada do remolque.

Segundo informou o 112, en concreto o suceso produciuse no lugar de Doncos. Interviñeron tamén voluntarios do GES de Becerreá e axentes da Garda Civil de Tráfico. O 112 tivo coñecemento dos feitos sobre as 13,30 horas pola chamada de varios particulares que alertaron do fume que saía do remolque do camión.

Na extinción participaron tamén voluntarios do GES de Becerreá e axentes da Garda Civil de Tráfico, medios do Concello das Nogais, de Pedrafita e persoal de servizo de mantemento da autovía. O condutor indicou ao 112 que el mesmo separou a cabeza tractora do remolque do camión e que tratou de extinguir as chamas coa axuda dun extintor.

Pola súa banda, os voluntarios do GES de Becerreá retiraron a palla do remolque para tentar conservar a carga o máximo posible. Os medios dos concellos acudiron con distintos materiais para atallar as chamas. A esta hora, os servizos de emerxencia alí desprazados continúan traballando e tratan de esclarecer as causas que orixinaron o lume.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o baleiro de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

O PP de Lugo reclama “menos impostos e máis apoio para quen traballan” ante unha caída “xeneralizada de autónomos”

Os senadores do PP lucense José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...