InicioSucesosFalece un ciclista mentres circulaba por Outeiro de Rei

Falece un ciclista mentres circulaba por Outeiro de Rei

Emerxencias recibira aviso de que un home quedara tendido na estrada entre San Fiz e Mosteiro

PUBLICADA O

- Advertisement -

Un ciclista de 47 anos faleceu na mañá deste domingo cando circulaba polo concello de Outeiro de Rei. A central do 061 recibiu aviso ás 11.50 horas de que un ciclista quedara tendido na estrada que une San Fiz e Mosteiro.

Dende Urxencias coordinaron o desprazamento dunha ambulancia medicalizada do 061 e persoal sanitario do Punto de Atención Continuada (PAC) de Outeiro de Rei. Ata o lugar acudiron tamén efectivos dos Bombeiros de Vilalba e da Garda Civil de Tráfico.

Malia os esforzos dos operarios, non puideron facer nada por salvar a vida do home, que faleceu no sitio. Segundo fontes da investigación, o falecido sufriu un forte golpe na cabeza logo de caerse ao chan de maneira accidental.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

Besteiro acusa ao PP de bloquear os grandes proxectos de Lugo durante 27 anos

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, denunciou este mércores en Lugo...