InicioEconomíaA alcaldesa de Lugo ironiza con que Amancio Ortega invista máis "en...

A alcaldesa de Lugo ironiza con que Amancio Ortega invista máis “en políticas públicas” que a Xunta

Lara Méndez cre "un compromiso real" de Fomento "que chegue o AVE en 2021" á cidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, destacou este martes nunha avaliación da incidencia dos orzamentos galegos na cidade, que inviste máis “en políticas públicas” Amancio Ortega, o dono de Inditex, que “a Xunta de Galicia”.

Méndez afeou que o Goberno galego incluíse nas partidas para Lugo “os 12 millóns de euros” para un centro de maiores, que se situará no barrio da Residencia, obviando que “eses doce millóns serán financiados por Amancio Ortega“.

“É triste dicilo pero completa máis os investimentos en políticas públicas en Lugo Amancio Ortega que o propio presidente da Xunta, Núñez Feijoo”, dixo.

A rexedora socialista puntualizou que este borrador de orzamentos profunda aínda “máis” na “débeda que Feijóo ten con Lugo, en temas fundamentais desde que é presidente”.

“O que pedimos é un compromiso persoal con Lugo, porque foi o seu goberno quen xerou as maiores débedas coa cidade. Os orzamentos da Xunta deberían reflectir un compromiso con Lugo e o que reflicten realmente son as continuas débedas históricas que unha e outra vez aparecen nas contas da leiteira de Feijóo sen que a maior parte delas se concreten en obras”, desvirtuou.

Entre outros compromisos non cumpridos, enumerou o “plan Paraday” a Rolda Este ou a intermodal, e tamén o saneamento, para lembrar a alcaldesa que “nos últimos cinco anos” pagaron “máis de cinco millóns de euros no canon da auga” sen que isto revertise en investimentos na cidade.

Finalmente anunciou que pedirá “unha entrevista persoal” co presidente da Xunta para abordar todos estes “temas” e, sobre todo, as “carencias” que presenta a cidade desde que Feijóo asumiu as rendas do Goberno galego en 2009.

AVE

Outro aspecto ao que aludiu foi a polémica sobre as datas para a chegada do AVE á cidade, en tanto que o ministro de Fomento en funcións, José Luís Ábalos, sinalou 2021 como o ano no que se realizaría esa conexión Ourense-Monforte-Lugo, compromiso que puxo en dúbida o presidente da Xunta.

Lara Méndez apelou a que se trata “un compromiso real” de Fomento “de que chegue o AVE en 2021”. “É curioso que cando veu o anterior ministro, Iñigo de la Serna, para falar do AVE e das datas da entrada xa se falaba de 2021 cunha pequena diferenza, naquel momento non había ningún investimento e hoxe hai un investimento enriba da mesa de máis de 200 millóns de euros, da liña Ourense-Monforte-Lugo”, subliñou.

“E na provincia tamén se acaba de licitar obras para a electrificación por un importe de 40 millóns de euros”, concluíu a rexedora de Lugo.

ÚLTIMAS

Traxedia na A-8 en Guitiriz: dous operarios mortos tras ser atropelados durante unhas obras

Dous operarios faleceron e outros dous resultaron feridos graves por mor dun atropelo rexistrado...

Fendas no Concello de Lugo tras a saída da edil María Reigosa do PSOE: o PP fala de falta de liderado e Besteiro chama...

A portavoz do PP de Lugo, Elena Candia, vinculou o voto da edil que...

Prensentan o VIII Foro de Agroecoloxía que se celebrará en Mondoñedo

O pasado venres a medio día presentouse no Pazo de San Marcos o VIII...

Detido un empresario de transportes en Lugo por explotar a un traballador ao que prometeu papeis e contrato

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron na cidade a un empresario de transportes...