InicioPolíticaG. Caballero apela a un "exercicio de responsabilidade" para evitar que goberne...

G. Caballero apela a un “exercicio de responsabilidade” para evitar que goberne “a peste”

Tamén cargou contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao que acusou de non defender aos pensionistas galegos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a advertir que o 10 de novembro “xogámonos a España que queremos” e que é necesario “facer un exercicio de responsabilidade política” para evitar que “a liña ideolóxica que lidera Abascal” goberne no país durante os próximos catro anos, que sería “a peste política”.

Así o manifestou nun encontro dos socialistas este sábado en Lugo, no que tamén participou o ministro de Fomento, José Luís Ábalos. Nel, Caballero lembrou que o Goberno se atopa en “circunstancias complexas de minoría”, pero que “en dez meses de mandato e despois na etapa en funcións, está a demostrar que se poden subir as pensións, que se pode subir o Salario Mínimo Interprofesional, apostar polo estado de benestar, a educación pública, a sanidade pública, pola dependencia. Non é o mesmo que goberne a dereita a que goberne a esquerda“, sentenciou.

No lado oposto atópase a “ultradereita coa que pacta o Partido Popular”, unha forza de dereitas que “non cambiou”. “O único cambio que fixo Pablo Casado desde abril ata aquí é que deixou barba. No demais non hai ningún cambio”, sinalou.

Gonzalo Caballero tamén subliñou que “temos un reto por diante, non podemos caer na falta de compromiso, é máis necesario que nunca o impulso de todos e todas, porque un goberno do PP coa ultradereita sería unha peste política para España e para Galicia”.

CRÍTICAS A FEIJÓO

Tamén cargou contra o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, ao que acusou de non defender aos pensionistas galegos “cando o Partido Popular lles mandaba cartas dicindo que as pensións só podían subir un 0,25 por cento”. Sobre iso, engadiu que “cando gobernaba Rajoy en España, Feijóo dicía que todo ía ben” e agora cos socialistas “todo lle parece mal”.

Ademais, tamén o acusou de perder a “centralidade e o rumbo político despois das derrotas electorais de abril e maio en Galicia e que pon a estratexia de confrontación ditada polo PP no seu pacto coa ultradereita por encima dos galegos e galegas”, afeaba finalmente.

+ posts

ÚLTIMAS

Palas de Rei acolle a primeira celebración cidadá polo “non” a Altri

A Plataforma Ulloa Viva festexará esta tarde o "primeiro paso" adoptado pola Xunta de...

O PP preguntará no pleno cando executarán PSOE e BNG os arranxos pendentes na escola de piragüismo

Os deputados do Grupo Provincial Popular preguntarán no vindeiro pleno “cando teñen previsto PSOE...

O PP de Vilalba condena o novo ataque ao busto de Manuel Fraga

O PP de Vilalba expresou a súa "máis rotunda e enérxica condena" ante un...

Dous accidentes con feridos obrigan a cortar a A-6 en Baralla

A A-6, ao seu paso polo municipio lucense de Baralla, rexistrou a pasada noite...