InicioSucesos'O Chamaco' é declarado culpable de asasinato, malos tratos e ameazas

‘O Chamaco’ é declarado culpable de asasinato, malos tratos e ameazas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O xurado popular declarou culpable dos delitos de asasinato, malos tratos e ameazas a José Manuel Carballo Neira, alcumado ‘O Chamaco’, polo crime da súa muller Ana Gómez o 11 de febreiro de 2016 en Becerreá (Lugo).

Os membros do xurado (seis mulleres e cinco homes) emitiron na mañá deste venres o veredicto do xuízo que desde o pasado mércores se celebra na sección segunda da Audiencia Provincial.

Así, ‘O Chamaco’, que defendía que a morte da súa muller fora un accidente, foi declarado culpable dos delitos de asasinato, ameazas e malos tratos. Mentres que o veredicto para os dous primeiros delitos adoptouse por unanimdade, o terceiro –malos tratos– foi determinado por unha maioría de sete votos a favor e dous en contra.

A Fiscalía e a acusación particular manteñen a súa petición de 28 anos de cárcere, dous anos por ameazas e un por malos tratos ao fillo pequeno. Ademais, a acusación particular reclama unha indemnización de máis de 300.000 euros para o condenado.

Pola súa banda, a avogada de ‘O Chamaco’, Paloma Becerra, requiriu unha condena 20 anos polo crime, seis meses por ameazas e outros seis meses polo delito de malos tratos.

+ posts

ÚLTIMAS

Daniel Irimia deixa o PSOE en Cospeito e pasa ao grupo de non adscritos tras reabrirse a súa causa por presunta violencia de xénero

Daniel Irimia, quen foi voceiro do PSOE en Cospeito, deixou as filas socialistas e...

Vicepresidencia da Deputación

A Vicepresidencia da Deputación pon en marcha a segunda edición da Semana do Patrimonio...

A Deputación pide un pacto contra o transfuguismo blindado por lei

O Pleno da Deputación de Lugo celebrado este martes sacou adiante unha iniciativa para...

Candia trata medidas con AdisLugo para compatibilizar actividades económicas coas ZBE

  A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo unha reunión con representantes de AdisLugo, a...