InicioLugo e contornaLugoOs hosteleiros din que estas festas de San Froilán foron "sublimes"...

Os hosteleiros din que estas festas de San Froilán foron “sublimes” e “apoteósicas”

O Concello de Lugo pon de exemplo o "éxito" deste San Froilán como un "exemplo a seguir" no futuro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno local de Lugo, en concreto a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, cualificou as festa de San Froilán deste ano como un “éxito”. Así, en declaracións a Efe asegurou que foron “centos de milleiros” as persoas que pasaron pola cidade durante o nove días que duraron estas festas declaradas de Interese Turístico Nacional.

“O San Froilán demostrou ser, unha vez máis, a gran festa do outono galego”, dixo a edila, quen dá “por cumprido o obxectivo de que cada unha dos centos de miles de persoas que participaron na festa gozase e sentise como súas” as patronais lucenses.

Na mesma liña, dixo que “as prazas e as rúas cheas foron a evidencia do éxito das festas”, cuxo resultado foi “moi positivo”. “Non imos dar cifras sobre o número de persoas que acudiu este ano ao San Froilán, porque todo intento de realizar un cálculo deste tipo é complexo e de resultado incerto”, engadiu, aínda que tamén quixo deixar claro que “a asistencia de público aos concertos e ás actividades programadas foi máis que satisfactoria”.

Lembrou que desde a área de Cultura se “deseñou un programa de festas para chegar a todo tipo de público”, con case duascentas actuacións -medio centenar delas de grupos locais- e moita animación na rúa, e ese será neste mandato “o modelo a seguir”. “Esta claro que este modelo de festas funciona e con el continuaremos a partir de agora“, insistiu, para que “todas as persoas viven en Lugo ou nos visitan sintan as festas como súas”.

Pola súa banda, o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL), Cheché Real, asegurou que as festas foron este ano “magníficas” para o sector. Asegurou que as patronais de San Froilán son sempre unhas festas importantes, pero cando o tempo axuda, como sucedeu este ano, son “sublimes ou mesmo apoteósicas”.

ÚLTIMAS

Feridos os dous ocupantes dun coche que sufriu unha saída de vía e impactou contra un muro en Vilalba

Os servizos sanitarios tiveron que prestar atención aos dous ocupantes dun turismo que sufriu...

División de opinións na Asociación Forestal de Galicia sobre Altri: o 52% de socios apoia e o 40%, rexeita

Unha enquisa realizada pola Asociación Forestal de Galicia entre os seus socios sobre o...

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

Morre Cristina Pérez Herraiz, concelleira en Lugo entre 2015 e 2019

A exconcelleira do Concello de Lugo Cristina Pérez Herraiz faleceu este sábado a consecuencia...