InicioEconomíaO Concello de Lugo apoia as reivindicacións e mobilizacións por Endesa e...

O Concello de Lugo apoia as reivindicacións e mobilizacións por Endesa e Alcoa

O nacionalista Rubén Arroxo subliñou que "a situación" que hai "tanto coa crise de Alcoa como a de Endesa nas Pontes, é un problema gordo e estratéxico de país".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O goberno bipartito do Concello de Lugo, formado por socialistas e nacionalistas, expresaron este mércores o seu respaldo ás reivindicacións e mobilizacións pola situación das empresas de Endesa e Alcoa en Galicia.

Tras a xunta de goberno, o tenente de alcalde, o nacionalista Rubén Arroxo, manifestou, en presenza do portavoz local do PSOE, Miguel Fernández, que “igual” teñen “que responder cada un desde o seu punto de vista”, aínda que finalmente mostraron un apoio conxunto.

En calquera caso, Arroxo subliñou que ante “a situación” que hai “tanto coa crise de Alcoa como a de Endesa nas Pontes, é un problema gordo e estratéxico de país“.

Por iso, alertou de que “son miles de traballos directos e indirectos, de comarcas enteiras que dependen basicamente deste tipo de factorías, e non só comarcas, senón que afecta a quilómetros do contorno como se ve”.

“Eu podo dicir que desde a miña organización política (BNG) e desde a miña persoal imos apoiar todo aquilo que poidamos o que son este tipo de mobilizacións (incluída unha folga xeral do 16 de outubro) e o que son este tipo de reivindicacións”, abundou.

Pola súa banda, o portavoz socialista, Miguel Fernández, apelou a que “dado o volume do problema, que é dunha gran envergadura, implica a todas as administracións“.

Así, non escondeu que o PSOE local apoia “todas as reivindicacións”. “E seguirémolo facendo”, abundou. “É un problema realmente de país e no que entre todos debemos de buscarlle unha solución”, concluíu Fernández.

+ posts

ÚLTIMAS

O PSdeG denuncia o aval de Rueda ao “pacto do tanatorio” que permitiu a moción de censura en Lugo

A viceportavoz parlamentaria do PSdeG e exalcaldesa de Lugo, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Arroxo, candidato do BNG para 2027 en Lugo coa “convicción” de recuperar o goberno

O portavoz do BNG no Concello de Lugo, Rubén Arroxo, formalizou este luns a...

A rotura dunha tubaxe de gas na intermodal de Lugo deixa sen subministración a 1.200 clientes

A rotura dunha tubaxe de gas por parte dunha escavadora que traballa na obra...

Integrantes da Praza de Abastos piden unha reunión co novo goberno local

Responsables de locais da Praza de Abastos e do Mercado de Quiroga Ballesteros de...