InicioSucesosOs bombeiros interveñen para abrir unha casa onde quedara un bebé só

Os bombeiros interveñen para abrir unha casa onde quedara un bebé só

Fontes dos bombeiros confirmaron que todo quedou nun susto, porque o neno estaba "perfectamente ben" e, de feito, atopábase durmindo cando lograron abrir a porta.

PUBLICADA O

- Advertisement -

(EFE).- Efectivos do Parque de Bombeiros de Vilalba desprazáronse onte pola tarde a Guitiriz para abrir a porta dunha vivenda en cuxo interior quedou só un bebé, ao pecharse a porta do piso e deixar os pais as chaves dentro do inmoble.

Segundo informaron a EFE fontes do 112, este suceso produciuse ás 18:50 horas, nun inmoble situado na Avenida da Coruña, na localidade lucense de Guitiriz.

Inmediatamente, o Centro de Atención as Emerxencias de Galicia (CIAE) mobilizou á Policía Local, á Garda Civil, á agrupación de voluntarios de Protección Civil e aos Bombeiros de Vilalba.

Fontes dos bombeiros confirmáronlle a EFE que todo quedou nun susto, porque o neno, a pesar dos “nervios” dos seus familiares, estaba “perfectamente ben” e, de feito, atopábase durmindo cando lograron abrir a porta e acceder ao interior do inmoble.

Tamén indicaron que a intervención foi “fácil e rápida”, porque non foi preciso forzar a porta da vivenda.

+ posts

ÚLTIMAS

Visita do alcalde e da presidenta da Deputación de Lugo á EDAR polo día Mundial da Auga

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, e o Alcalde de Lugo, Miguel...

A Policía desmantela unha rede de estafas á Seguridade Social con nexos en Lugo

A Policía Nacional desmantelou unha armazón composta por 38 empresas implicadas nunha presunta fraude...

O PP de Lugo acusa ao Goberno de “non arranxar” a N-624 nin tapar fochancas no polígono de Vilalba

Os senadores do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan...