InicioComarca de MeiraPolO PP de Pol acusa ao goberno local de non manter en...

O PP de Pol acusa ao goberno local de non manter en condicións as vías de comunicación locais

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os concelleiros do Grupo Municipal Popular de Pol denuncian “a nula preocupación” de Lino Rodríguez por ter en boas condicións as pistas e camiños municipais de Pol, “totalmente desfeitas e case todas intrasitables”, unha situación que contrasta coa única preocupación do rexedor: o fútbol, que unha vez máis o demostra ao “estar a centrar o seu esforzo en traer a selección de futbol Irán, en lugar de arranxar as pistas”.

A voceira popular, Nicole Grueira, recorda que este anuncio o realizou o alcalde durante a comida da terceira idade de hai uns días, e mentres “as pistas están intrasitables a pesar de que os polenses pagamos mais impostos ca nunca”.

Segundo o PP, o alcalde Lino Rodríguez impuxo hai pouco unha suba das taxas da auga e do lixo e “non contento con iso sinalou que nos seus plans a curto prazo estaba subilas de novo”, unha situación que contrasta con que “en Pol temos os peores servizos, hai pistas e camiños con fochancas que semellan cráteres”.

Nicole Grueira esixe ao alcalde que “deixe de malgastar o diñeiro e que se poña de inmediato a traballar no arranxo das pistas municipais”.

A realidade é que o estado das pistas está a provocar danos aos veciños. “Gandeiros, veterinarios, os conductores do transporte escolar, as traballoras do SAF, calquera veciño en xeral… todos sufrimos estes problemas a diario”, criticou.

Neste senso, Nicole Grueira recorda que as traballadoras dos SAF, ademais de sufrir o estado das pistas, ven como Lino Rodríguez lles paga o quilometraxe a 0,19€ cando tiña que abonarlles 0,26 por quilómetro.

“En Pol todos somos conscientes de que pagamos moitos impostos e temos os peores servizos, síntoma de que Lino Rodríguez non ten proxecto ou que está totalmente esgotado”, sinalou.

+ posts

ÚLTIMAS

Operación policial en Lugo para desarticular unha rede que explotaba mulleres colombianas, hai un detido

A Policía Nacional, nunha operación desenvolvida conxuntamente con autoridades policiais de Colombia, desarticulou unha...

O Concello de Lugo inicia actuacións para a recuperación da contorna do Miño

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, visitou hoxe a contorna dos Robles para presentar...

A Deputación comeza as obras na vía de Louxas en Navia de Suarna

  A Deputación de Lugo vén de iniciar os traballos de rehabilitación da vía LU-P-3506,...

A socialista González Abelleira reclama a Candia o aparcadoiro proxectado para o Ceao

A voceira adxunta lembra que o proxecto  conta cun orzamento de 450.000 euros, está...