InicioLugo e contornaLugoTomé nega crise no PSOE de Lugo tras a decisión de relegar...

Tomé nega crise no PSOE de Lugo tras a decisión de relegar das listas a Sonsoles López

PUBLICADA O

- Advertisement -

José Tomé, o presidente da Deputación de Lugo e alcalde de Monforte, negou que o desprazamento de Sonsoles López Izquierdo -que foi elixida deputada nas anteriores xerais como número 2- na lista para os comicios do 10 de novembro se deba a “ningún tipo de castigo“. Neste sentido, negou a existencia dunha nova crise no PSOE luhttps://lugoxornal.gal/politica/14996-o-psdeg-relega-dos-postos-de-saida-nas-listas-a-que-fora-deputada-por-lugo-sonsoles-lopez/cense, aínda que lembrou que a competencia para modificar as candidaturas pertence á Comisión Federal de Listas.

O posto que ocupou nos anteriores comicios Sonsoles López Izquierdo será agora para Javier Cerqueiro. “A Comisión Federal de Listas, que é o órgano competente para este tipo de cousas, decidiu mover un pouquiño a lista. É unha competencia dos órganos federais do partido e, por tanto, nós o que facemos é respectar esa decisión”, dixo.

Tomé quixo quitarlle ferro a esta decisión e aínda que a de Lugo foi a única lista que se moveu en Galicia, lembrou que “en España houbo máis listas que tamén se retocaron”.  O presidente da Deputación negou, en calquera caso, que a substitución en posto de saída de Sonsoles López Izquierdo, deputada provincial e colaboradora próxima de Darío Campos na institución provincial no anterior mandato, se deba a un “castigo”.

“En absoluto”, engadiu, de feito “permanece na lista”, dixo, aínda que é probable que, ao ser desprazada non saia elixida para as Cortes de Madrid. “En todo caso, eu non debo facer ese tipo de valoracións, quen debe facelas é o órgano competente, que é a Comisión Federal de Listas”, engadiu.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...