InicioEconomía"Berro de auxilio" de 25 concellos de Lugo e A Coruña ante...

“Berro de auxilio” de 25 concellos de Lugo e A Coruña ante a situación de “emerxencia industrial”

Aproban unha declaración para solicitar entrevistas con responsables da Xunta e Goberno central.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Alcaldes e representantes de 25 municipios das provincias da Coruña e Lugo asinaron este luns unha declaración institucional en Ferrol como “berro de auxilio” para demandar solucións “ante a circunstancia que se está vivindo de emerxencia industrial”.

Así, expoñen que a situación que atravesan compañías como Endesa, Alcoa, Navantia, Siemens-Gamesa, Poligal ou Reganosa está “a arrastrar a miles de traballadores e ao tecido empresarial vinculado co sector industrial”.

No texto, instan “con urxencia ás administracións con competencia en industria, Ministerio de Industria e á Consellería de Economía, Emprego e Industria, a acometer unha iniciativa conxunta de reactivación económica e captación industrial nestas comarcas”.

Co fin de trasladar esta problemática, solicitaron “as correspondentes entrevistas cos ministerios de Industria e Fomento, e coas consellerías de Economía, Emprego e Industria e a de Infraestruturas”.

Na reunión mantida déronse cita alcaldes ou responsables de goberno de diferentes partidos dos municipios coruñeses das Pontes, Ferrol, Pontedeume, Neda, Mugardos, Ortigueira, Cedeira, Cerdido, A Capela, As Somozas, San Sadurniño, Fene, Cariño, Valdoviño, Moeche, Cabanas, Ares, Narón, Miño, Monfero e Mañón, ademais dos lucenses de Muras, Xermade, Vilalba e Viveiro.

MÁIS INFORMACIÓN EN GALICIA CONFIDENCIAL

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...