InicioLugo e contornaO pleno da Deputación aproba a conta xeral do orzamento de 2018...

O pleno da Deputación aproba a conta xeral do orzamento de 2018 cos votos de PSOE e BNG

Destacan que o informe Intervención pon de manifesto que "se cumpriu coa estabilidade orzamentaria" aínda que se superou o límite da "regra de gasto.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A conta xeral de Deputación de Lugo e da Sociedade Urbanística Provincial (Suplusa) correspondente ao ano 2018 foi aprobada este martes cos 13 votos afirmativos do bipartito (10 do PSOE e tres do BNG) e a abstención dos 12 do Partido Popular.

A medida, que será remitida ao Tribunal de Contas, saíu adiante nunha sesión plenaria na que os populares tamén votaron co goberno para unha modificación do orzamento de 2019.

A deputada de economía e alcaldesa de Trabada, Mayra García, destacou que o informe Intervención pon de manifesto que “se cumpriu coa estabilidade orzamentaria” aínda que se superou o límite da “regra de gasto”, cuestión pola que no anterior pleno xa se sacou adiante un plan económico-financeiro.

Aínda que esta cuestión foi aprobada sen grandes diferenzas entre os grupos, antes da sesión o PP cargaba contra o goberno do bipartito ao acusar ao PSOE e ao BNG de “copiar” as mocións que eles presentan. En concreto, Elena Candia acusou ao Bloque de plagiar unha proposta sobre Alcoa e aos socialistas outra iniciativa para “pór solucións” na provincia de Lugo aos ataques do xabaril.

RESPOSTA DO PSOE

Respecto diso, o presidente da Deputación, José Tomé, replicou que o Partido Popular ten “pouco que dicir” con respecto á planta de Alcoa en San Cibrao “salvo fotos que sacou Feijóo por aí diante“. “A min que me digan que achegou a Xunta para solucionar o tema de ALCOA, algo tanxible sobre o que achegou”, afeou.

En fronte, asegurou que se alguén ten un compromiso con Alcoa e os seus traballadores é a Deputación de Lugo e o goberno socialista que “traballa para solucionar este problema”. “O goberno socialista leva un ano no goberno, pero que fixo Rajoy antes?“, preguntou.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...