InicioLugo e contornaA Deputación confía en levar a pleno o proxecto de orzamentos para...

A Deputación confía en levar a pleno o proxecto de orzamentos para 2020 en novembro

O goberno bipartito da deputación pretende ter concluída a elaboración das partidas provinciais para levalas a pleno en novembro e, xa en outubro, aclarou Porto, "haberá que facer a preparación definitiva".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Tanto socialistas como os seus socios do BNG no goberno da Deputación de Lugo confían en que o proxecto de orzamentos provinciais vaia a pleno no mes de novembro, co obxectivo de que sexan xa operativos a un de xaneiro de 2020.

Así o trasladou tanto a portavoz do PSOE do bipartito provincial, Pilar García Porto, como a vicepresidenta, a nacionalista Maite Ferreiro, tras a Xunta de Goberno deste venres. Nas contas do próximo ano, avanzaron, manterase o Plan Único, que inclúe partidas para todos os concellos da provincia de Lugo, ata un total de 67.

A vicepresidenta, Maite Ferreiro, confirmou que se está “empezando” coa elaboración das partidas. “É un proceso que hai que tratalo con tempo e o que si se pretende, e aí tanto PSOE como BNG estamos totalmente de acordo, é presentar uns orzamentos axustados á realidade canto antes para que empecemos a traballar o próximo ano coas contas aprobadas”, indicou.

O Plan Único, un programa de investimentos dirixido a todos os concellos, é o “obxectivo” que, segundo a portavoz socialista Pilar García Porto, marcouse como “prioritario”. Do mesmo xeito, explicou que este venres “concluía un prazo que se lle dá a cada área para que presente ante intervención da institución a súa proposta de orzamento e, a partir de aí, en función das necesidades, comezarán as reunións do equipo de goberno, con esa meta clara de que os orzamentos entren en vigor o un de xaneiro”, incidiu a socialista.

Sexa como sexa, o goberno bipartito da deputación pretende ter concluída a elaboración das partidas provinciais para levalas a pleno en novembro e, xa en outubro, aclarou Porto, “haberá que facer a preparación definitiva“.

“Vimos de aprobar a conta xeral no pleno, hai que presentala na entrada de outubro e, a partir de aí, a parte técnica da deputación é a que se empeña na elaboración do orzamento e, en paralelo, iremos traballando na parte política que non creo que nos vaia a demorar no tempo”, concluíu Porto.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo denuncia “intentos de danar a imaxe” do Arde Lucus

O Goberno local quere trasladar unha mensaxe de tranquilidade e confianza á cidadanía e...

Pontón augura que o BNG “fará historia” en Lugo con Arroxo de alcalde

A portavoz nacional do Bloque presenta o candidato para as municipais de 2027 e presume de dar "estabilidade e rigor" á cidade amurallada.

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

Vilalba Aberta solicita conveniar coa Xunta un centro de día como en Outeiro de Rei

Vilalba Aberta volve tomar a iniciativa ao respecto do anhelado Centro de Día. A...