InicioSociedadeDenuncian "nefastas condicións de hixiene e seguridade" en dous centros escolares de...

Denuncian “nefastas condicións de hixiene e seguridade” en dous centros escolares de Lugo

A Federación Provincial de ANPAs critica a "desinformación que desde a Consellería de Educación está a darse" e di que coninuará reclamando "medidas urxentes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Federación Provincial de ANPAs de colexios públicos de Lugo (Fapacel) cualificou como “pésimo” o inicio do curso nos colexios de Cervo e Casás -na capital lucense-, como consecuencia das “nefastas condicións” das aulas en ambos os centros en materia de seguridade e hixiene.

Nun comunicado, Fapacel recoñece que as familias que teñen aos seus fillos matriculados no colexio de Cervo están “moi desgustadas pola situación”, dado que en ningún momento ofreceuse “alternativa ou solución”. O sentimento, engade, é de “impotencia e malestar”, porque se iniciou o curso nunhas “instalacións inadecuadas en canto a seguridade e hixiene”, pero que a xuízo da Consellería de Educación “están en perfecto estado”.

“O enfado das familias de Casás tamén é importante”, engade este colectivo, e “os pais e nais” teñen o propósito de “non levar aos nenos” ao colexio até o luns, “esperando a que acaben as obras e se habiliten as aulas con todo o material que o profesorado necesita, pois a día de hoxe aínda non hai libros, nin lousas nin computadores”.

“Preocupa moito a desinformación que desde a Consellería de Educación está a darse e mentres isto continúe seguiremos reclamando medidas urxentes”, di Fapacel, quen “comparte a preocupación das familias afectadas e apoia todas as súas accións reivindicativas.

+ posts

ÚLTIMAS

‘Sirat’ gaña o Mestre Mateo a Mellor Película

'Sirat' alzouse co premio a Mellor Película nos XXIV Premios Mestre Mateo e arrebatoullo...

Gala dos Mestre Mateo: a forza do talento galego reúnese en Lugo

A Presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, asistiu este sábado á gala dos...

A Deputación participa na xornada de conmemoración do Día Mundial da Síndrome de Down

O Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, e o Deputado de Participación...

Localizado en Bóveda o ancián desaparecido da residencia DomusVi de Monforte

O octoxenario que faltaba da residencia DomusVi de Monforte desde a noite do pasado...