InicioLugo e contornaLugoO PP pide por escrito non figurar no programa de San Froilán

O PP pide por escrito non figurar no programa de San Froilán

"Non ten sentido que figuremos como parte da organización do programa de San Froilán, cando o BNG non tivo en consideración nin unha soa das máis de 25 propostas que lles presentamos. Todas elas caeron en saco roto", lamentou o Partido Popular nun comunicado.

PUBLICADA O

- Advertisement -
 O grupo municipal do Partido Popular comunicoulle este martes por escrito ao goberno bipartito de Lugo que se “desvincula do programa” das patronais de San Froilán, de modo que solicita que os tres edís populares que participan na comisión de festas non “figuren” no mesmo “como parte da organización”.
“Non ten sentido que figuremos como parte da organización do programa de San Froilán, cando o BNG non tivo en consideración nin unha soa das máis de 25 propostas que lles presentamos. Todas elas caeron en saco roto”, lamentou o Partido Popular nun comunicado.
Desde o seu punto de vista, os nacionalistas só accederon a reunir a comisión de festas municipal para “aparentar” que o bipartito contou coa oposición á hora de organizar as patronais, que son festas de Interese Turístico Nacional.
Na mesma liña, sostén que “non é ético elaborar o programa das patronais á marxe do partido maioritario da corporación” e lamentou que os nacionalistas practiquen “un dobre discurso, cando están na oposición queren ser escoitados, pero cando están na oposición fan oídos xordos ás propostas doutros”.

 

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...