InicioMedioambiente e PatrimonioLugo, terceira provincia máis afectada polos lumes este ano, co incendio máis...

Lugo, terceira provincia máis afectada polos lumes este ano, co incendio máis devastador de todos

A Coruña é a provincia con máis hectáreas queimadas en 2019, segundo datos de EFFIS-Copernicus, o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais da Unión Europea.

PUBLICADA O

- Advertisement -

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

En Galicia levan ardidas este ano 3.581 hectáreas por lumes de máis de 20 hectáreas, segundo os datos de EFFIS-Copernicus, o Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais da Unión Europea con datos dos satélites. Estes cálculos supoñen case mil hectáreas máis que as oficialmente contabilizadas o pasado ano en total pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que inclúen os incendios de calquera dimensión.

Contra as tendencias habituais, este ano a provincia de Pontevedra é a menos afectada polos incendios. Un estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA mostrou que as provincias de Pontevedra e Ourense son as que presentaron maior incidencia de lumes en toda España, entre os anos 1974 e 2010.

Porén, este ano semella haber un cambio de tendencia, cando menos se falamos de lumes con superficies queimadas superiores ás 20 hectáreas. Segundo os datos do Sistema Europeo de Información sobre Incendios Forestais, A Coruña está sendo a provincia máis afectada, cun total de 1.418 hectáreas ardidas no que levamos de ano.

Lugo é a terceira provincia máis afectada, tanto por número de hectáreas como por rexistros de incendios superiores a 20 hectáreas, pero sufriu o lume máis devastador. En total, dous incendios calcinaron 823 hectáreas: un, o 25 de xullo, queimou 126 hectáreas en Quiroga, e outro o 5 de setembro, calcinou outras 707, segundo EFFIS, converténdose no maior incendio do ano en Galicia.

INFORMACIÓN COMPLETA EN GALICIA CONFIDENCIAL

ÚLTIMAS

Acepta ano e medio de prisión por insultar, acosar e ameazar a unha parella homosexual da cidade

Un home acusado de insultar, acosar, amedrentar e ameazar de morte a unha parella...

O PP oponse a rexeitar o proxecto de Altri, como pide o BNG

O Partido Popular opúxose este martes a rexeitar o proxecto de planta de celulosa de Altri...

A Deputación de Lugo reivindica o seu modelo de residencias de maiores

O responsable de Promoción Económica e Social da Deputación de Lugo, Pablo Rivera Capón,...

Detido un home en Lugo tras ameazar e tratar de agredir aos axentes que interviñeron

Axentes da Policía Local detiveron en Lugo a un home que os ameazou e...