Home Deportes Emilio Viqueira: “Cando recibín a chamada non tiven que pensar máis”

Emilio Viqueira: “Cando recibín a chamada non tiven que pensar máis”

0
Emilio Viqueira: “Cando recibín a chamada non tiven que pensar máis”
Emilio Viqueira e Tino Saqués durante a rolda de prensa de

Emilio Viqueira foi presentado este mediodía coma novo director deportivo do Club Deportivo Lugo para as vindeiras catro tempadas.

“Cando recibín a chamada non tiven que pensar máis”, afirmou Viqueira. “O Club Deportivo Lugo leva tempo facéndoo ben. Ten un modelo de xogo que é difícil de atopar na categoría e gústame que o equipo xogue ao fútbol”, engadiu. Amosou o seu desexo de que “siga medrando o Club Deportivo Lugo”. “Despois de vinte anos volvo á miña terra con moitas gañas de seguir traballando”, declarou. 

Tino Saqués, presidente albivermello, comentou a súa “satisfacción” pola fichaxe. “Apostamos por un profesional que axudará a seguir medrando, especialmente na identificación cos valores do noso fútbol, a nosa tradición e a nosa cultura”.

Foto das canles oficiais de Club Deportivo Lugo. 

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here