InicioSociedadeO Concello de Lugo arranxará o 'leirapárking' en setembro

O Concello de Lugo arranxará o ‘leirapárking’ en setembro

Botarán unha capa de zahorra que impedirá a aparición de charcos e lameiras. Ademais, delimitarase a zona de paso da de estacionamento. As obras terán unha duración de tres semanas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O alcalde en funcións de Lugo, o nacionalista Rubén Arroxo, anunciou que o Concello empezará o 2 de setembro as obras de acondicionamento do ‘leirapárking’ do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA).

Segundo precisou Arroxo, a actuación consistirá na colocación dunha “capa de zahorra sen finos de 10 centímetros, que permitirá a drenaxe de auga evitando que se formen charcos e lameiras“.  Ademais, “delimitarase a zona de paso da de estacionamento”, algo para o que se empregarán “zahorras de diferentes cores” co obxectivo de evitar o caos por vehículos mal aparcados.

Arroxo tamén indicou que “o ideal sería asfaltar, pero a día de hoxe, dado que o terreo está afectado por un 5% do Plan Xeral sen aprobar, non é posible”. “Na obra anterior utilizouse un material cunha granulometría demasiado fina, o que provocou -unido a que o final das obras coincidiu co inicio da época de choivas- multitude de charcos e lameiras”, precisou o edil nacionalista.

Segundo o goberno local, dita actuación é unha “reclamación das persoas usuarias do recinto”, onde a partir do 30 de agosto se colocarán os valos de peche para proceder ao comezo das obras o luns seguinte. As actuacións terán un prazo de realización previsto de tres semanas. EFE

 

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...