InicioMovementos sociaisA Xira de Vilalba implícase contra as violencias machistas : "Ser nena...

A Xira de Vilalba implícase contra as violencias machistas : “Ser nena non pode ser unha faena!”

Esta festa incorpora este ano un Punto Lila de atención e información ante agresións sexuais. É unha campaña dirixida a rapaces e rapazas, para concienciar sobre os perigos da masculinidade tóxica e para deixar claro que "unha agresión sen intimidación nin violencia tamén é unha agresión sexual".

PUBLICADA O

- Advertisement -

“As bromas sexistas non fan gracia“. Na Xira de Vilalba téñeno claro. Coa intención de loitar contra as condutas machistas, este ano incorporarán un Punto Lila de atención e información ante casos de agresións sexistas. Estará formado por un equipo multidisciplinar de voluntarias especializadas en igualdade e violencia de xénero. Trátase dunha iniciativa que parte dun convenio asinado entre o Concello e a Asociación Feminista da localidade.

Segundo explicou a concelleira de Igualdade, Vanesa Siso, este Punto Lila está pensado para “informar, asesorar e acompañar” ante calquera mostra de agresión sexual, pero tamén para “dar visibilidade e concienciar” sobre a importancia das relacións respectuosas. “A Xira, libre de machismos”; “Ser nena non pode ser unha faena” ou “Nin o alcol nin as drogas xustifican unha agresión” son algunhas das consignas que se poderán ler nos cartaces da Xira.

NON Á MASCULINIDADE TÓXICA

A campaña diríxese a toda a rapazada, mulleres e homes, pero especialmente aos varóns, por ser este un proxecto que procura erradicar as súas condutas machistas. Quérese incidir en que “non se fagan cómplices dunha masculinidade agresiva e dominante”, pero tamén cómpre facer ver ás mozas que “unha agresión sen intimidación nin violencia tamén é unha agresión sexual”. Para isto, repartiranse distintos materiais entre a mocidade e situaranse paneis informativos sobre a violencia sexual e a cultura da violación.

ATENCIÓN ESPECIALIZADA

Segundo explican dende o Concello, o convenio asinado coa Asociación Feminista de Vilalba garante unha atención especial especializada das voluntarias, con perfís profesionais vinculados á psicoloxía, pedagoxía, traballo social ou educación social. Ademais, son persoas con formación específica en materia de xénero e que traballaron da man do persoal do CIM para saber como proceder ante os diferentes casos que se poidan presentar. Así mesmo, estarán en permanente contacto coa Garda Civil.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...