InicioPolíticaOs edís que deixaron só a Gato no goberno de Monterroso manteranse...

Os edís que deixaron só a Gato no goberno de Monterroso manteranse como independentes

Un dos concelleiros negou que a ruptura co alcalde se debese ás negociacións co PP. "Decidimos apartarnos, pero nós seguimos en Independentes por Monterroso", aseguran.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os tres concelleiros que deixaron só a Antonio Gato á fronte do Concello de Monterroso manteranse como independentes e “non” se irán de aí, segundo avanzou o edil Germán Vázquez Besteiro.

A pasada semana, Gato confirmou que rompera co seu grupo -eran catro concelleiros- e apuntou que detrás dese desencontro se atopaban as negociacións que mantiña co PP para armar un goberno de coalición. Independentes por Monterroso lograra catro concelleiros; o PSOE e o PP, tres cada un; e Compromiso por Galicia, un.

Un deses concelleiros, Germán Vázquez Besteiro, aclarou que “Independentes por Monterroso naceu como un proxecto para sacar a Monterroso da situación de parálise na que se atopaba”.  “Pensabamos que o Concello necesitaba un impulso para sacalo adiante e creouse Independentes por Monterroso encabezada por Antonio Gato”, comentou.

Vázquez Besteiro engadiu que “xurdiu o que xurdiu”. “Os tres non estamos de acordo con como quería levar adiante este proxecto Gato e decidimos apartarnos, pero nós seguimos en Independentes por Monterroso, seguiremos e de aí non nos iremos”, xustificou.

AS NEGOCIACIÓNS DO PP NON FORON O MOTIVO DA RUPTURA

Á súa vez, este concelleiro afirmou que é “totalmente mentira” que se foran polas negociacións abertas cos populares do Concello. “El sabe perfectamente por que nos fomos, pero non foi polo tema do PP;  nós queriamos ofrecerlle máis ao PP, algo máis valioso do que el lles ofrecía“, explicou Germán Vázquez.

Estes concelleiros renuncian a negociar “nada” agora co alcalde e a reconducir a situación. “Seguiremos traballando, pero con Antonio Gato non“, concluíu este concelleiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

O PP de Lugo esixe á Deputación a integración dos 16 traballadores de Suplusa tras a sentenza do Supremo

O PP provincial de Lugo esixe á Deputación que "rectifique" e integre aos 16...

O BNG de Lugo inicia o proceso para elixir a súa candidatura ás municipais de 2027

O BNG de Lugo arrinca este luns o seu procedemento interno para designar a...