InicioCulturaA rapazada de Lugo segue o legado da xornalista pastoricense Mariña Folgueira

A rapazada de Lugo segue o legado da xornalista pastoricense Mariña Folgueira

David San Emeterio foi o gañador do V Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira coa súa peza 'A nosa terra'. Presentáronse arredor dun centenar de traballos.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A parroquia de Reigosa, na Pastoriza, foi o lugar onde naceu a xornalista Mariña Folgueira, finada hai uns anos. Como homenaxe a unha veciña moi querida na súa terra, a Asociación de Veciños de Santiago de Reigosa organizou o Concurso de Redacción Xornalística Mariña Folgueira por quinto ano. David San Emeterio, do IES Sanxillao de Lugo, foi o vencedor desta edición na categoría de primeiro ciclo de Educación Secundaria. Fíxoo coa súa peza ‘A nosa terra’, a mellor valorada entre o xurado.

Na categoría de segundo ciclo de Primaria, a gañadora foi Carla Díaz Marcos, alumna de 3º de Primaria do CEIP Álvaro Cunqueiro Mora, mentres que no terceiro ciclo a merecedora do premio foi Alma Blanco Cortés, estudante de 6.º de Primaria do CEIP Rosalía de Castro de Lugo.  Amais de David, na categoría de Secundaria tamén se impuxo Fernando Vilabrille, alumno de segundo ciclo da ESO no IES Fontem Albei da Fonsagrada.

UN CENTENAR DE TRABALLOS PRESENTADOS

Para avaliar os traballos compúxose un xurado formado por profesionais recoñecidos no sector da comunicación e da docencia, todos eles amigos de Mariña Folgueira. Os xornalistas Xosé María G. Palmeiro, Xosé Soengas e Ernesto Sánchez Pombo, xunto cos profesores Bernardo Penabade e Baldomero Iglesias, foron os encargados de seleccionar os catro nomes de entre o cento de traballos presentados.

Todos os nenos premiados levarán como recoñecemento un diploma, un lote de libros e unha tablet. O centro do alumno máis votado, neste caso o IES Sanxillao de Lugo, tamén recibirá a escultura ‘Peiteando o porvir’ do lucense Luís Loureira, unha peza de madeira de nogueira e ferro esmaltado e pintado.

Como agradecemento pola alta participación, a asociación veciñal de Reigosa agasallará cun libro os concursantes non premiados.  O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro 16 de agosto, ás 16:30 h, no Centro Sociocultural Mariña Folgueira de Reigosa (A Pastoriza).

ÚLTIMAS

A Xunta só dá 10 días para consultar o expediente de Altri a 75 persoas interesadas

A Consellería de Economía e Industria recoñeceu a 75 persoas como interesadas no proxecto...

Acepta 10 anos de prisión por dúas violacións, pero só cumprirá seis meses antes de ser expulsado do país

Un home de nacionalidade colombiana confesou este xoves na Audiencia Provincial de Lugo ser...

Detido en Lugo por apuñalar a outro home tras unha discusión na rúa

A Policía Local de Lugo detivo a un home por apuñalar cunha navalla a...

Toma posesión a nova presidenta da Audiencia Provincial de Lugo

A maxistrada Sandra María Piñeiro Vilas tomou este xoves posesión como presidenta da Audiencia...