InicioMedioambiente e PatrimonioO Concello inicia o proceso de licitación do primeiro edificio verde da...

O Concello inicia o proceso de licitación do primeiro edificio verde da cidade

A alcaldesa asegura que a capital luguesa sitúase con este proxecto "no mapa na construción sustentable a nivel europeo". A súa construción custará 1.040.000 euros.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, anunciou este martes en rolda de prensa o “inicio do proceso de licitación do primeiro edificio verde” da cidade, que se emprazará no barrio ecolóxico que se deseña na zona de Garabolos. O orzamento da obra, pendente de aprobación este mércores en xunta de goberno, alcanza os 1.040.000 euros.

Acompañada de técnicos que participaron no proxecto, un deles o profesor da Universidade Politécnica de Madrid Luís Ruíz, afirmou que, con iso, “Lugo sitúase á vangarda” de España en “construción sustentable, baseada na madeira“.  Sitúa á cidade “no mapa na construción sustentable a nivel europeo”.

Méndez incidiu en que este “será o primeiro edificio pioneiro e innovador que se enmarca dentro do programa ‘Lugo máis biodinámico’ para deseñar as cidades ecolóxicas do futuro”. “Nós queremos que sexa xa o noso presente“, engadiu.

A rexedora puntualizou que “supón un novo modelo construtivo en altura que será realizado na súa totalidade con estrutura de madeira local, de madeira galega“. “Vai supor unha revolución en canto á construción urbana con recursos naturais coa finalidade de minimizar o impacto medio ambiental”, asegurou.

ORZAMENTO

Ademais, este edificio autoabastecerase de enerxía e reducirá a emisión de monóxido de carbono. Segundo explicaron, trátase dunha construción de 677 metros cadrados, de catro plantas, que albergará oficinas municipais, ademais de aulas de formación ou espazos onde se poderán establecer empresas relacionadas coa loita contra o cambio climático.

O orzamento da obra, que se aprobará este mércores en xunta de goberno, ascende a 1.040.000 euros, con achega tamén da Deputación provincial. Así, prevese un edificio “bioclimático”, sinalaron, con produción fotovoltaica e no que se aproveiten as enerxías do sol e do vento, ademais de implementar un sistema para a recuperación da calor por ventilación.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...

O PP denuncia que o Goberno “non ten data” para abrir a nova estación intermodal de Lugo

Os senadores do PP de Lugo advertiron de que o Goberno de España “non...