Home Lugo e contorna Lugo Seis anos de queixas para que o Concello limpe a maleza dunha leira privada que se coa na casa anexa

Seis anos de queixas para que o Concello limpe a maleza dunha leira privada que se coa na casa anexa

0
Seis anos de queixas para que o Concello limpe a maleza dunha leira privada que se coa na casa anexa
A maleza dunha leira anexa á vivenda dun veciño do barrio Feijóo está sendo obxecto de queixas dende hai seis anos.

Un veciño do barrio Feijóo, en Lugo, asegura que leva pedíndolle ao Concello durante anos que limpe as leiras anexas á súa vivenda. Segundo explica, a maleza invadiu ata a parte traseira da súa propiedade, pero dende o goberno local só emiten “un constante silencio” como contestación.

Segundo o grupo municipal do Partido Popular, que se fixo eco desta denuncia, os primeiros escritos presentados polo veciño afectado datan de agosto de 2013, pero despois tiveron réplicas en 2015, 2017 e 2019. Obtiveron “sempre como resposta un silencio demoledor”, mentres “a maleza seguía crecendo e invadía a parte traseira da súa vivenda”.

Por iso, o viceportavoz do Partido Popular no Concello de Lugo, Antonio Ameijide, instou o goberno local “a tomar cartas no asunto”, porque aínda que as leiras son de propiedade privada, o Concello “ten que cumprir coas súas competencias” e corrixir unha situación que se volveu insoportable para este veciño. Ademais, lembrou o elevado “risco de incendio” como consecuencia da “gran acumulación de maleza” na contorna da vivenda.

En todo caso, afirmou que o caso “denunciado hoxe é só un dos moitos” que se están producindo na cidade, porque hai situacións similares na zona das Fontiñas e nas parroquias rurais. “Evidentemente non falamos dun problema xurdido hai uns días. O goberno local leva anos sen cumprir coas súas obrigacións”, lamentou

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here