InicioSociedadeUn cartel informativo do HULA emprega unha vintena de idiomas, pero non...

Un cartel informativo do HULA emprega unha vintena de idiomas, pero non o galego

O letreiro roga silencio en castelán (dúas veces), en alemán, chinés, árabe, catalán, euskera, francés..., pero non hai rastro da lingua de noso. A situación fíxose pública nas redes sociais, onde unha paciente compartiu a súa indignación tras unha visita ao hospital.

PUBLICADA O

- Advertisement -

No Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), un cartel multilingüe roga silencio nunha chea de idiomas, pero ignora o galego. A situación está a ser duramente criticada nas redes, logo de que unha paciente compartira no Facebook unha foto do letreiro a modo de denuncia pública.

O cartel aparece encabezado cunha frase en castelán: “Se ruega guarden silencio”. Séguena traducións ao inglés, alemán, euskera, catalán, irlandés, sueco ou árabe, entre outras. Para pechar o cartel, repiten a orde en castelán. Nin rastro do galego.

“A ausencia total de dito cartel na outra lingua cooficial de Galiciae a repetición da mensaxe en castelán, ao comezo e ao final da mensaxe non pode ser máis que intencionada, negar a lingua histórica de Galicia“. Así o denunciaba Ánxela Gracián, escritora e tradutora de Castroverde, de cuxo perfil de Facebook partiu a publicación viral no día de onte, 31 de xullo. Deseguido, as redes enchéronse de mensaxes de indignación ao ver como un hospital público galego ignora a lingua de noso dunha forma tan evidente.

Tamén A Mesa pola Normalización Lingüística se fixo eco desta situación. “O SERGAS pertence á Xunta, que -máis unha vez- non só abdica da súa responsabilidade de protexer a nosa lingua, senón que é precisamente quen máis vulnera os nosos dereitos“, reprobaron ao respecto.

+ posts

ÚLTIMAS

Un camión de leite envorca ao seu paso por Vilalba

Un camión que transportaba leite envorcou este luns no municipio lucense de Vilalba, provocando...

Un garda civil fóra de servizo reduce un home armado nun bar de Lugo

Un garda civil destinado na Comandancia de Lugo, que se atopaba fóra de servizo,...

O PP esixe ao Goberno actuacións na N-640 no termo da Pastoriza pola súa “deterioración”

O PP de Lugo esixiu ao Goberno central que "actúe" na N-640 ao seu...

O Concello de Lugo aprobará o convenio coa Xunta para a mellora da Rúa Serra de Meira

O goberno municipal de Lugo aprobará este mércores na Xunta de Goberno Local o...