InicioSociedadeO sorteo do Cuponazo da ONCE reparte 450.000 euros en Guitiriz

O sorteo do Cuponazo da ONCE reparte 450.000 euros en Guitiriz

En total, foron 18 os boletos premiados con 25.000 euros cada un.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sorteo do Cuponazo da Organización Nacional de Cegos Españois (ONCE) repartiu o pasado venres 450.000 euros na localidade lucense de Guitiriz. Case medio millón de euros foron repartidos entre 18 cupóns premiados ás cinco cifras. A cada un deles corresponderíanlles 25.000 euros.

Quen repartiu a sorte neste municipio da Terra Chá foi o vendedor do ONCE José Luís Álvarez, que vende habitualmente produtos de xogo en ruta por este concello. “Un número importante de veciños, case todos eles clientes habituais de José Luís Álvarez, comezaron con 25.000 euros máis nas súas contas unha das fins de semana máis importantes de Guitiriz, por celebrarse este domingo a Festa da Torta de Millo”, destacou o ONCE nun comunicado.

+ posts

ÚLTIMAS

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...

A Deputación continúa coa rehabilitación da estrada danada en Cervantes durante o inverno

A Deputación de Lugo traballa estes días para rehabilitar a estrada danada en Cervantes...