Home Lugo e contorna A fonte barroca de San Vicente de Lugo volverá botar viño tinto este luns

A fonte barroca de San Vicente de Lugo volverá botar viño tinto este luns

0
A fonte barroca de San Vicente de Lugo volverá botar viño tinto este luns
Fonte de San Vicente, na Praza do Campo de Lugo | Muralla Digital

Un ano máis, e con este xa van sete consecutivos, Lugo Monumental axudará a San Vicente a obrar o seu “milagre”, polo que a fonte barroca do século XVIII, situada na praza do Campo de Lugo, manará viño tinto polos seu tres canos.

O patrocinio de Viliga, viños e licores galegos, e a colaboración do Concello de Lugo, entre outros, fan posible este evento, que “xa é unha bonita tradición lucense” e cuxa vistosidade e orixinalidade “sorprenden” cada ano aos turistas que nestas datas visitan a cidade, segundo destaca Lugo Monumental nun comunicado.

Será a partir das 20,00 horas deste luns cando a fonte comece a botar viño tinto. Ademais, o grupo ‘Cantigas e Flores’ amenizará a velada e xunto aos membros da asociación, a alcaldesa, Lara Méndez, repartirá o viño gratuitamente entre os asistentes. O “milagre” realízase este 29 de xullo por ser a festividade de Santa Marta, patroa da hostalaría.

+ posts