InicioLugo e contornaOuteiro de ReiDenuncian que Outeiro de Rei é a "única" vila onde "non hai...

Denuncian que Outeiro de Rei é a “única” vila onde “non hai paso de peóns para cruzar a N-VI”

O BNG convoca a veciñanza a unha mobilización para reclamar medidas que velen pola seguridade das persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

O BNG de Outeiro de Rei vén de convocar a veciñanza a un acto reivindicativo para reclamar o acondicionamento dun paso seguro para os peóns na estrada N-VI.

“A situación existente no concello de Outeiro de Rei é un caso único entre o tramo de N-VI entre A Coruña e Madrid, pois non existe ningunha vila onde non haxa ningún paso para poder cruzala dun lado a outro“, denuncian os nacionalistas. Apuntan directamente á “pasividade” do Concello e á negativa de distintos Gobernos estatais para poñerlle solución ao problema.

E é que non é a primeira vez que se mobilizan para facer visibles as súas demandas. Hai uns meses, as súas protestas obtiveron resultados ao instalarse un paso de peóns fronte á farmacia, na estrada de Castro. “Foi un primeiro paso”, di o voceiro do BNG, Xosé Ferreiro, pero aínda así non pararán ata conseguir “o verdadeiramente importante”: os pasos seguros na N-VI. “Hai catro carrís e resulta imposible cruzalos sen arriscar a vida das persoas”, salientan.

“Un paso de peóns, semáforos, unha rotonda, un paso elevado… Hai centos de solucións posibles”, pero aseguran que son necesarias porque a disposición das vivendas e dos negocios da vila obriga as persoas a cruzar con frecuencia a estrada.

SOLICITAR A TRANSFERENCIA DUN TRAMO DA N-VI A FOMENTO

Ademais, dende o BNG tamén piden a urbanización da N-VI ao seu paso pola localidade. Para iso, reclaman que o Concello solicite a transferencia deste tramo a Fomento, unha vez urbanizada, para poder convertela en travesía urbana.  “Calquera solución ao bloqueo do urbanismo en Outeiro de Rei pasa por eseta medida”, concluíu Ferreiro.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...

Case corenta detidos por roubo de 140 Km de cable de cobre en varias provincias, entre elas Lugo

A Garda Civil detivo a 39 persoas nas provincias de Ávila, La Rioja e...

O Parlamento galego apoia por unanimidade a candidatura de Lugo para acoller a Axencia Estatal de Saúde Pública

O Parlamento galego pide á Xunta que impulse o apoio á candidatura de Lugo...