InicioSociedadeAprazada ata despois do verán a revisión da sanción á xuíza Pilar...

Aprazada ata despois do verán a revisión da sanción á xuíza Pilar de Lara

O seu avogado di que a xuíza "está a tentar acabar todos os procedementos que están en trámite, aínda que moitos non dependen dela senón de informes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) aprazou ata despois do verán a revisión da sanción imposta na a xuíza Pilar de Lara de sete meses e un día de emprego e soldo, o que carrexa cambio de destino e a súa separación das causas que instrúe motivada pola “desatención” e os “atrasos inxustificados” nos casos.

Diso informou o avogado da maxistrada, Agustín Azparren, que precisou que o recurso presentado contra a sanción non será abordado no último pleno do Consello, que se celebrará a finais do presente mes de xullo. A seguinte convocatoria será tras o período estival, no mes de setembro, aínda que “tampouco é seguro” que se vaia a producir na primeira reunión despois do verán, apunta Azparren.

“Como é un expediente bastante voluminoso e que ten moito para estudar no recurso, como moi pronto sería setembro, pero tampouco é seguro“, insistiu o letrado de Pilar de Lara.

Así mesmo, Azparren afirma que non descarta presentar máis documentación. “No caso de que transcorrese algún tempo máis, o único que se podería presentar é unha certificación do estado en que se achan todos os procedementos e como se van acabando moitas das causas polas que se abriu o expediente disciplinario polo suposto atraso”, indicou.

“Moitas delas xa están acabados ou se terminou a tramitación que dependía da xuíza e por tanto poderase presentar algunha certificación máis de como están eses procedementos”, engade Azparren sobre esas ‘macrocausas’ que instrúe Pilar de Lara, como a ‘Carioca’ sobre redes de prostitución ou a ‘Pokémon’ acerca de mordidas a políticos a cambio de concesións públicas.

Finalmente, o avogado sostén que a xuíza “está a tentar acabar todos os procedementos que están en trámite, aínda que moitos non dependen dela senón de informes, de actuacións, de inhibicións, pero no que son actuacións que leva ela está a procurar resolver todo o que queda pendente”.

+ posts

ÚLTIMAS

Lugo contará cun xulgado especializado en violencia machista por “demanda histórica”

O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Branco, destacou en Lugo que o Goberno...

Declaración polo 8M da Deputación de Lugo centrada nas mulleres que “sosteñen a administración local”

A Xunta de Voceiros da Deputación, convocada este xoves pola Presidenta Carmela López, aprobou...

Axentes da Garda Civil auxilian un neno de 2 anos con sintomas de atragoamento

Axentes da Comandancia da Garda Civil de Lugo auxiliaron o pasado martes a un...

Senadores galegos reclaman ao Goberno a rehablitación urxente da N-120

O Senado esixe ao Goberno de Sánchez unha actuación urxente e integral na N-120...