InicioSociedadeA apertura do novo auditorio de Lugo, pendente da subministración eléctrica

A apertura do novo auditorio de Lugo, pendente da subministración eléctrica

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, agarda que poida abrir en setembro, pero pídelle ao Concello axilidade nos trámites restantes. Todo o demais "está terminado", asegura.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, pediulle ao Concello de Lugo máis axilidade á hora de tramitar “o enganche” da subministración eléctrica, porque asegurou que a apertura do novo auditorio da cidade, despois dun investimento que superou os 20 millóns de euros, está só pendente dese trámite.

“Estamos a esperar a que o Concello de Lugo nos chame para dicirnos que fixo os trámites para o enganche da subministración eléctrica”, dixo a conselleira antes de participar nunha reunión con alcaldes de Lugo para informalos sobre o programa de axudas para Áreas de Rehabilitación Integral.

Ángeles Vázquez asegurou que “o auditorio está totalmente terminado” e mesmo se “fixeron todas as probas necesarias” no equipamento instalado pola empresa concesionaria. “Para entregar o auditorio, teñen que estar os enganches feitos. Notificóuselle en varias ocasións ao Concello de Lugo. Eu mesma o fixen cunha carta formal e institucional o pasado 5 de xullo, polo que espero que o axilicen e que o fagan canto antes”, dixo Vázquez.

Ao seu xuízo, “é unha pena que os lucenses non poidan gozar dese magnífico auditorio, no que investimos máis de 20 millóns de euros”. “Espero que no mes de setembro sexa unha realidade”, concluíu. EFE

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación irá á Feira Internacional de Turismo de Interior para promocionar a provincia

    A Deputación de Lugo participará por primeira vez na Feira Internacional de Turismo de...

Nova agresión nun campo de fútbol: un árbitro acaba no hospital ao recibir unha puñada nun partido de veteranos en Lugo

O encontro entre o Residencia e o Alianza, correspondente á novena xornada da División...

Lugo celebrará o nomeamento de Mariano Castiñeira como Fillo Adoptivo

O Concello de Lugo celebrará o este venres 13 de novembro o acto institucional...

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...