InicioPolíticaPatricia Otero aposta pola integración no PSdeG pero non a de José...

Patricia Otero aposta pola integración no PSdeG pero non a de José María Arias porque “declinou o ofrecemento”

PUBLICADA O

- Advertisement -

Despois de conseguir a vitoria no proceso para elixir ao novo secretario xeral do PSdeG de Lugo cun 67 % dos votos, a deputada autonómica Patricia Otero dixo que a súa intención é incluír na executiva provincial socialista, que sairá do congreso que se celebrará este próximo sábado, a todas “as sensibilidades” do partido nesta provincia, co obxectivo de “remar todos na mesma dirección”.

Nese sentido, dixo que todos aqueles militantes que apoiaron a candidatura do alcalde de Castroverde, José María Arias, poden estar “tranquilos”, porque no seu proxecto para o PSdeG de Lugo “caben todos” e “a militancia será unha peza fundamental” do mesmo.

En canto á posibilidade de integrar ao propio Arias na súa executiva, Otero lembrou que ela mesma lle ofreceu durante o proceso de primarias que se fixese cargo da secretaría de Medio Rural na súa executiva ou mesmo que ocupase a vicesecretaría xeral do PSdeG de Lugo, pero “declinou ese ofrecemento”.

En todo caso, á espera de ver que sucede no congreso do sábado, a deputada autonómica asegurou que a súa intención é “integrar a todas as sensibilidades” do partido no seu proxecto e, por tanto, darlles participación na executiva.

Otero mostrouse “moi satisfeita polo gran respaldo da militancia” neste proceso e asegurou que ela pretende ser “a secretaria xeral de todos”, porque a súa idea é facer un partido “máis forte, máis unido e máis cohesionado”, co obxectivo último de facer do PSdeG a primeira forza política de Lugo para que Gonzalo Caballero chegue á Presidencia da Xunta de Galicia.

“Temos un obxectivo claro. Polo que agora, neste momento de estabilidade, temos que remar todos no mesmo sentido”, engadiu. En canto ao proceso de primarias, quixo felicitar ao partido por este “gran acto de democracia interna”.

+ posts

ÚLTIMAS

Deteñen dous homes por roubo de cable na Rolda da Muralla

  Segundo informa a Policía Local nun comunicado, un cidadán alertou ao 092 de que...

O PP de Lugo acusa ao BNG de “desgoberno” nas contas municipais no anterior goberno local

O goberno municipal de Lugo elevou este martes o ton da confrontación política cos...

Detido un home por insultar e golpear a un axente da Policía Local de Lugo

Segundo informa a Policía Local nun comunicado, os axentes atopábanse de patrulla cando foron...

O PSOE de Lugo alerta que o Arde Lucos non ten Plan de Autoprotección

  O concelleiro do Grupo Municipal Socialista Jorge Bustos expresou hoxe a súa profunda preocupación...