InicioDeportesO Breogán renova a Salva Arco: "Ascendeu e descendeu connosco; xuntos recuperaremos...

O Breogán renova a Salva Arco: “Ascendeu e descendeu connosco; xuntos recuperaremos a ACB”

A súa continuidade estivera no aire hai unhas semanas, pero o club vén de confirmar a súa permanencia por unha tempada máis. O capitán mostrou a súa alegría e asegurou que se sinte "como na casa" grazas ao "agarimo da afección"

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O Leche Río Breogán logrou a continuidade no equipo do seu capitán, Salva Arco, que defenderá a camiseta do conxunto lucense na LEB Ouro tras o descenso de hai uns meses. A súa permanencia estivera en dúbida hai unhas semanas, pero o club xa confirmou que o xogador queda unha tempada máis en Lugo.

O contrato do xogador, que pode actuar de escolta e mais na ala, estendeuse por unha tempada, segundo explicou o director xeral do club, Tito Díaz, quen tivo a oportunidade de adestralo durante uns meses o ano pasado.  “Estou moi contento de que siga connosco. Probou os meles do triunfo e da decepción, ascendeu connosco, descendemos xuntos e xuntos imos iniciar o camiño da recuperación da ACB”, indicou Díaz.

Ademais, cre queArco “demostra o que quere ser o Breogán” e destacou del que ten “carácter, ilusión e moitas ganas de dalo todo nos partidos para volver a esa categoría soñada, a ACB”.

EN LUGO, “COMO NA CASA”

O xogador de Barcelona dixo que a súa “prioridade” era quedar no Breogán porque no conxunto lucense séntese “como na casa, desde o primeiro día”. Di que aquí obtivo “o respecto e agarimo da afección” e a entidade, “que é moito máis importante que outros aspectos”. Engadiu que o cadro de xogadores ten “o reto de devolver este club onde merece estar”, en referencia á máxima categoría.

Do mesmo xeito, Arco avalou as incorporacións e renovacións que se fixeron nos últimos días. “Son xogadores top nesta liga; logo dependerá de como sexamos de rápidos en xuntar as pezas, pero o camiño que se está seguindo é o de tentar ascender e estar arriba pelexando por todo”, sostivo o xogador.

ÚLTIMAS

Os gandeiros realizan unha nova marcha a pé con vaca incluída en Lugo e solicitan reunións con eurodeputados

Os gandeiros e agricultores da provincia de Lugo, dirixidos por Agromuralla e Gandeiros Galegos...

A Deputación de Lugo recupera a normalidade coa primeira xunta de Goberno presidida por Carmela López

A Deputación de Lugo recuperou a normalidade, tras a elección de Carmela López o...

O PSOE acusa ao PP de “degradar” as infraestruturas de Lugo: da VAC Costa Norte ao corredor Nadela-Monforte

A deputada no Congreso, Patricia Otero, e o senador por Lugo, César Mogo, denunciaron...

O PP de Lugo sitúa a vivenda como prioridade e promete facer “accesible o que Sánchez fixo imposible”

"A vivenda é un desafío prioritario para o Partido Popular", manifestaron este venres deputados...