InicioPolítica"Manga ancha e pasotismo": así ve o PP a actitude do PSOE...

“Manga ancha e pasotismo”: así ve o PP a actitude do PSOE ante a polémica de ‘Def con Dos’

Os populares aseguran que Lara Méndez está a darlles un "cheque en branco" aos seus socios de goberno, algo que se traducirá na "radicalización" das festas do San Froilán.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O grupo municipal do PP acusou á alcaldesa de Lugo de amparar a contratación de ‘Def con Dos’, cuxo vocalista “humilla as vítimas do terrorismo”. Aseguran que Méndez está ofrecendo un “cheque en branco” ao BNG ao darlles a autonomía para deseñar o cartel do San Froilán. Esa “permisividade”, din, tradúcese no apoio a grupos “dunha ideoloxia concreta” que “politizan unhas festas que son de todos.

“Manga ancha e pasotismo”. Así é como definen os populares a actitude do PSOE de Lugo con respecto aos seus socios de goberno. Cren que a súa nula reacción amosa que son “uns mercenarios políticos que se quedan mudos con tal de seguir ocupando asento e pisando moqueta”. O vicevoceiro do PP, Antonio Ameijide, critica que iso significa que a alcaldesa avala “que un individuo condenado por enaltecemento ao terrorismo cobre o seu caché pagado por todos os lucenses”.

Así mesmo, Ameijide criticou a falta de consenso á hora de pechar a contratación de ‘Def con Dos’ e non repara de cualificar o movemento como unha “imposición” do BNG. Dende o PP piden “responsabilidade” para evitar a “radicalización” das festas, así como “altura de miras” para facer fronte a unha cuestión que, para eles, non é “pequena”.

+ posts

ÚLTIMAS

Alberto Caldeiro di non ser “a persoa indicada” para entrar na corporación de Lugo

O número 12 da candidatura de PSOE de Lugo, Alberto Caldeiro, evitou descartarse este...

O PP de Pol apunta que o goberno local está “esgotado” e denuncia ameazas á voceira ‘popular’

A voceira do PP de Pol, Nicole Grueira, subliña que “o goberno de Lino...

Comezan as obras na estrada provincial que une Castro de Rei con Rábade

A Deputación de Lugo iniciou as obras de mellora da estrada que une Castro...

As cámaras da M-30 amosan aos acusados da morte do médico lucense “coma se fosen coches de Fórmula 1”

As imaxes das cámaras de seguridade da M-30 gravadas a mañá do 25 de...