InicioSociedade'Def con Dos' actuará no San Froilán "porque Lugo ten que ser...

‘Def con Dos’ actuará no San Froilán “porque Lugo ten que ser un espazo para a liberdade de expresión”

Esta banda non puido actuar en Madrid, pese a estar previsto no programa. O seu concerto foi cancelado "debido ao retroceso das liberdades impulsado polas dereitas".

PUBLICADA O

- Advertisement -

Aínda faltan uns cantos meses para o San Froilán, pero xa se empezan a dar os primeiros pasos para a súa organización. A edil responsable da área de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que a comisión especial de festas se constituirá en breves. “Queremos recibir propostas para que o San Froilán siga sendo a gran festa do outono galego”, dixo. Ao tempo, adiantou que Def con Dos será un dos grupos que actuará en outubro. “As festas de Lugo teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión”, pediu.

Maite Ferreiro explicou que a comisión estará formada por tres membros do PSOE, tres do PP, dous do BNG e un de C’s. A todos eles xa se lles preguntou por posibles suxerencias para ir traballando no programa das festas. “Escoitaremos as propostas de todas as veciñas e veciños e dos colectivos de Lugo”, asegurou Ferreiro.

De momento xa anunciou que o grupo Def con Dos será un dos protagonistas do San Froilán, porque estas festas “teñen que ser un espazo para a liberdade de expresión e para a diversidade”. Así o dixo logo de que se volvera mediática a cancelación dun concerto desta banda en Madrid “debido ao retroceso das liberdades impulsadas polos gobernos das dereitas”. Convida a todas as persoas que non puideron desfrutar desta actuación na capital de España e, para iso, avanza que existirán descontos en medios de transporte para viaxar dende Madrid ata Lugo.

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...