InicioPolíticaRecta final das negociacións entre PSOE e BNG para selar un acordo...

Recta final das negociacións entre PSOE e BNG para selar un acordo na Deputación

Os nacionalistas confían en chegar a un punto en común cos seus posibles socios, pero afirman que hai cuestións "irrenunciables".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A un día de que se celebre o pleno de investidura na Deputación de Lugo, socialistas e nacionalistas apuran as negociacións para selar un acordo para este xoves, xornada na que se prevé que o alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, se faga coa presidencia do ente provincial.

O deputado electo do BNG e concelleiro en Sarria, Efrén Castro, sinalou que “as diferenzas” que separan a ambas as formacións “son importantes”, pero “non moi grandes”. “Imos dedicar o día de hoxe a tratar de chegar a un acordo”, incide.

Tras varias reunións, Castro deixou claro que os nacionalistas traballan por pechar esa alianza. “O único é que non imos asinar calquera acordo se non nos convence”, indicou. O concelleiro sarrián mostrouse convencido de que “pola idea e pola sintonía” parece que si que vai ser posible chegar a un punto común.

“Non é que nos separen moitas cosas, pero si que son importantes. Ata que esteamos convencidos do que imos asinar non o imos a facer”, advertiu, “hai algunhas couusas que son irrenunciables”. Na distribución de áreas pode estar un dos problemas, asunto sobre o que di que “se esbozou”, pero que aínda non se concretou.

A suma de dez deputados socialistas e tres do BNG servirían para garantir a maioría sobre unha corporación de 25, onde o PP segue sendo o grupo maioritario con doce deputados.

+ posts

ÚLTIMAS

Folga: “Satisfación” dos sindicatos en Lugo, a pesar da “presión policial” e “servizos mínimos abusivos”

Os sindicatos amosáronse este mércores "satisfeitos" co seguimento da folga xeral na provincia de...

Folga: A CIG denuncia unha”desproporcionada” actuación policial en Lugo

A CIG denuncia unha "actuación desproporcionada" tanto da Policía Nacional como da Policía Local...

O PSOE defende un “proxecto da xente” fronte a unha dereita centrada en “desmantelar” servizos públicos

Os candidatos do PSdeG-PSOE ao Congreso e ao Senado pola provincia de Lugo, Patricia...

Multan con máis de 21.000 euros a un home por tocar o traseiro a unha muller en Lugo

Un home foi multado con máis de 21.000 euros por lle tocar o traseiro...