InicioSociedadeO Consello Xeral do Poder Xudicial reforza os xulgados do Social de...

O Consello Xeral do Poder Xudicial reforza os xulgados do Social de Lugo

Ante unha situación de sobrecarga de traballo nestes órganos, aprobáronse dúas comisións de servizo ata o 31 de decembro do 2019.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O Consello Xeral do Poder Xudicial acordou na Comisión Permanente do 11 de xullo renovar as medidas de reforzo para os xulgados do Social de Lugo. Así, aprobáronse dúas comisións de servizo ata o 31 de decembro deste 2019.

En concreto, dentro da execución do plan extraordinario de reforzo en materia de despedimentos, aprobou unha comisión de servizo con remuda de funcións a favor de Eladio Prieto Bellas, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución único da Fonsagrada. Preténdese que esta medida permita finalizar 60 asuntos deste tipo cada mes.

O CXPX tamén deu o visto e prace á renovación da comisión de servizo con remuda de funcións a favor de María Gabriela Gómez Díaz, titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Vilalba.  Tanto esta medida como a anterior quedaron establecidas ata o 31 de decembro de 2019.

Para tomar esta decisión, a Comisión Permanente do CXPX tivo en conta a evolución e o estado dos órganos para reforzar. Ao finalizar o primeiro trimestre de 2019 os xulgados do Social de Lugo tiñan en trámite 4.426 asuntos, unha media de 1.475 por órgano xudicial.

ÚLTIMAS

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Un voitre negro rescatado en San Froilán volve voar libre nos Ancares

A Xunta liberou, esta fin de semana, na zona dos Ancares un exemplar de...

Lugo, entre as provincias con maior volume de enerxía renovable non aproveitada, segundo un informe

España é un dos países europeos máis afectados pola conxestión da rede eléctrica, o...