InicioMedioambiente e PatrimonioPrevistas obras de restauración do cubo VII da Muralla

Previstas obras de restauración do cubo VII da Muralla

Realizaranse durante o verán e agárdase que xa estean rematadas en setembro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE.- O delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, José Manuel Balseiro, visitou este xoves a Muralla con motivo do inicio das obras de consolidación estrutural do cubo VII do monumento romano, nas que a Consellería de Cultura e Turismo investirá 273.400 euros.

O delegado informou de que as obras serán executadas durante o verán e, previsiblemente, estarán terminadas no mes de setembro. Estes traballos servirán para restaurar o cubo, despois de que os técnicos encargados da conservación do monumento constatasen a necesidade de realizar obras para consolidar a propia estrutura do mesmo, así como do lenzo contiguo, nas inmediacións da porta de Bispo Odoario.

Ademais, estes traballos tamén servirán para indagar sobre “a historia e a funcionalidade” da Muralla romana, dado que permitirán investigar unha das escaleiras interiores que daban acceso ao adarve, atopada nese punto, así como recompilar información e liberar un espazo abovedado que a mediados do século pasado foi utilizado para acoller un centro de transformación eléctrica. EFE

 

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...