InicioPolíticaPatricia Otero ofreceríalle a Secretaría de Medio Rural a Arias se ela...

Patricia Otero ofreceríalle a Secretaría de Medio Rural a Arias se ela é a líder do PSOE de Lugo

O alcalde de Castroverde di que os socialistas de Lugo non poden ser "coellos de indias"

PUBLICADA O

- Advertisement -

A deputada autonómica do PSdeG Patricia Otero está disposta a ofrecerlle a Secretaría de Medio Rural no PSOE de Lugo ao seu rival, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias, se consegue ser nomeada secretaria provincial do partido.

Estas manifestacións fíxoas este mércores, día no que se pecha o prazo para presentar avais -un máximo de 114- e converterse en candidato real para liderar o partido. Se o rexedor de Castroverde presumiu este martes de ter máis de 200 apoios, agora é Otero a que asegura recompilar sobre 300.

Ao pasar o número de compromisarios, ambos candidatos pugnarán pola Secretaría Provincial tras a dimisión de Álvaro Santos nun proceso de primarias que se celebrará o 20 de xullo, unha semana antes do congreso.

Neste contexto, a deputada autonómica expúxose como reto que “o partido traballe cohesionado, que se sintan representados neste proxecto todos os militantes e apoiar a todos os cargos e institucións do partido”. “Que traballemos todos xuntos nun mesmo sentido, con cohesión tamén coa liña federal (Madrid) e nacional (Galicia) do PSOE“, proclama.

Despois de que o seu rival deixara caer que non tería inconveniente en integrar á candidatura da de Burela, Otero subliña que o que ela presentaxa  “é un proxecto no que caben todos e todas as socialistas da provincia”. Agora ben, Otero quixo deixar claro que “Arias, coa súa traxectoria política de máis de 30 anos, desde logo que tamén estaría dentro deste proxecto”. “Mesmo non tería ningún problema en que sexa o secretario de medio rural na miña executiva“, engadiu.

“COELLOS DE INDIAS”

Pola súa parte, o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias,  confirmou que presentou os seus avais para converterse en aspirante á xefatura provincial do PSOE. Arias insistiu en que o seu proxecto “non está teledirixido”. Nese sentido, dixo que os socialistas de Lugo non poden ser “coellos de indias”.

ÚLTIMAS

Un proxecto de larvas de mosca para usos agrarios e animais, novo proxecto industrial estratéxico en Palas de Rei

O Goberno galego analizou este luns o acordo polo que se declara proxecto industrial...

Buscan un menor migrante desaparecido do centro de acollida de O Malvarón en Monforte de Lemos

Desde este domingo, as forzas de seguridade buscan a un mozo migrante menor de...

Collen a varios vehículos a máis de 200km/h tras participar en carreiras ilegais na A-6 en Outeiro de Rei

A Garda Civil culminou un dispositivo especial de vixilancia imputando en calidade de investigados...

Lugo Monumental leva á UE a peonalización do centro: “Mala xestión, danos e máis de 100 comerciantes feridos”

O presidente de Lugo Monumental, Luís Latorre, expuxo, ante a Comisión de Peticións da...