InicioLugo e contornaPatricia Otero quere unir o PSOE de Lugo para "remar xuntos" de...

Patricia Otero quere unir o PSOE de Lugo para “remar xuntos” de cara ás autonómicas

A deputada burelense compite contra o alcalde de Castroverde pola xefatura provincial. Lara Méndez evita pronunciarse e non di cal é o seu favorito

PUBLICADA O

- Advertisement -

A parlamentaria autonómica do PSdeG Patricia Otero destacou que a súa candidatura para liderar o PSOE de Lugo aspira á “integración” de toda a militancia. Di que o obxectivo é “remar xuntos” de cara ás eleccións autonómicas de 2020.

A deputada burelense compite para ser a secretaria provincial dos socialistas lucenses, cargo para o que tamén se postulou o alcalde de Castroverde, Xosé María Arias. Tanto Otero coma Arias xa participaran nas primarias de 2017, pero non lograron impoñerse daquela a Álvaro Santos, anterior xefe provincial que vén de dimitir.

“Eu preséntome para optar á secretaría provincial porque creo que é o momento de facer un partido forte na provincia. Preséntome para ter un equipo de integración e un equipo que mire cara ao futuro”, destacou. Otero incide en que pretende que “todos os militantes da provincia se sintan apoiados e integrados” no seu proxecto. “A miña idea é integrar todas as sensibilidades que poidan existir no noso partido”, resumiu.

A aspirante puxo o acento na necesidade de “apoiar”  todos os cargos do Partido Socialista, “desde o presidente da deputación, deputados provinciais, concelleiros e alcaldes”. “Que todos nos sintamos reflectidos neste proxecto para remar todos na mesma dirección de cara ás autonómicas do próximo ano”, remarcou a candidata.

LARA MÉNDEZ

Pola súa banda, a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, que presidía o partido na provincia ata a dimisión de Santos, resaltou que “hai dous compañeiros que dan este paso adiante para asumir unha responsabilidade e para min iso sempre é de valorar e sempre é positivo”, indicou.

“Eu sempre dixen que, afortunadamente, temos moitos compañeiros e compañeiras con capacidade e dispostos a asumir calquera responsabilidade no partido. Estamos nese proceso e haberá que esperar a que falen os militantes e as militantes de base”, resolveu, sen mollarse.

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...