InicioLugo e contornaLugoOs animalistas tildan de "inefectivas e perigosas" as batidas de xabaril en...

Os animalistas tildan de “inefectivas e perigosas” as batidas de xabaril en Lugo

A Asociación Libera e a Fundación Franz Weber avogan por proxectos nos que colaboren expertos e non "escopeteiros". Critican, ademais, a "opacidade" que envolve o plan

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber reaccionaron ao balance “triunfalista” da Xunta sobre os resultados das batidas de xabaril en Lugo. Consideran que dito plan de control foi “inefectivo e perigoso”, pois “autorizáronse 45 cacerías para matar só a once animais, fronte ao alarmismo da Xunta”.

Os animalistas critican a  “crueldade” dun proxecto “innecesario“. Aseguran que hai moitas outras alternativas para reducir a poboación de porcos bravos na zona periurbana de Lugo. Poñen como exemplo algúns plans que xa se aplicaron en Cataluña coa colaboración de expertos, no canto de “escopeteiros”. Refírense ás medidas implantadas pola Diputació de Barcelona e a Generalitat, recollidas nun “documento pioneiro” que non contempla intervencións lesivas nin mortais para os animais.

Ademais, piden aos concellos da redonda que rexeiten estas “ocorrencias” do executivo autonómico e lamentan a “opacidade” coa que se tratou este proxecto. “A Xunta non ofreceu datos reais sobre o coste desta operación de exterminio mentres segue desenvolvendo medidas para facilitar a caza, como a ampliación de batidas durante un mes máis ou a redución das zonas de seguridade”, que pasan de 200 a 100 metros para vivendas e parques infantís.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...