Home Lugo e contorna Lugo Lugo terá un glamping de cabanas no Veral

Lugo terá un glamping de cabanas no Veral

0
Lugo terá un glamping de cabanas no Veral
A Xunta de Goberno quedou constituída con cinco edís do PSOE e tres do BNG

A xunta de goberno local de Lugo constituíuse este xoves 4 de xullo coa presenza de cinco edís do PSdG-PSOE e tres do BNG. No discurso deste encontro aprobáronse dez licenzas urbanísticas, entre elas a construción dun campamento turístico de madeira (glamping) na parroquia do Veral.

O voceiro do PSOE, Miguel Fernández, informou de que este glamping constará de cinco cabanas que se instalarán no camiño de Abelairas. Amais desta obra, aprobouse tamén unha licenza para construír e reformar vivenda unifamiliares; outra para reparar as vidreiras da Igrexa de Santo Antón de Padua, na rúa Tui; e outra para unha reforma nun edificio da Rúa Nova.

Á parte destas licenzas, quedou fixada a organización da corporación. As xuntas de goberno convocaranse de maneira habitual todos os mércores, xusto antes de que os voceiros do PSOE e BNG dean conta dos asuntos das súas respectivas áreas.

Esta xunta coa que se estrea o goberno municipal arrincou “con ilusión”, segundo valorou o tenente de alcalde Rubén Arroxo (BNG), e coa “vontade” de “buscar o mellor para Lugo”.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here