InicioSociedadeUnha volta a Lugo polo aire

Unha volta a Lugo polo aire

O Criterium Aeronáutico 2019 celebrarase os vindeiros 25, 26, 27 e 28 de xullo no aeródromo de Rozas, da man da Deputación.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Saltos en paracaídas, exhibicións acrobáticas, sorteos de voos de balde… Estas son algunhas das actividades das que se poderá desfrutar a finais deste mes no aeródromo de Rozas. Será grazas á celebración do XIV Criterium Aeronáutico 2019 e da XXXVI Volta Aérea en Galicia, previstas para os días 25, 26, 27 e 28 de xullo.

A Deputación de Lugo, que apoia este evento deportivo con 10.000 euros, estivo presente na súa presentación. Como representante do ente provincial, asistiu o deputado de deportes en funcións, Pablo Rivera Capón, que destacou a importancia desta cita en tres vertentes:  “unha proba puntuable para os deportistas aeronáuticos, o obxectivo divulgativo, e a dinamización da contorna, pois cada ano achéganse preto de 5.000 persoas ao Aeródromo de Rozas atraídas polo único Criterium que se celebra en todo o Noroeste peninsular”.

Rivera explicou que nesta ocasión participará a Patrulla Águila para “deleitar” o público coas súas acrobacias. “É todo un privilexio”, dixo en alusión a este grupo creado en 1985 que xa ten dado exhibicións por todo o mundo.

AS ACTIVIDADES 

Ademais, é unha oportunidade para resaltar as da provincia dende as alturas. E é que durante os catro días que dura o Criterium celebraranse saltos en paracaídas, bautismos de voo, exhibicións acrobáticas, apagalumes, simuladores, exposicións e sorteos para voos de balde. Pola súa banda, a Volta a Galicia constará de dúas etapas. Na primeira, o venres, os participantes partirán de Rozas rumbo sur e leste; mentres que o sábado se dirixirán cara ao norte e o oeste.

No acto tamén estiveron presentes a concelleira de Lugo Ana González Abelleira; o alcalde de Castro de Rei, Francisco Balado Teijeiro; e o secretario xeral do Real Aeroclube de Lugo, Marco Antonio López Queiroz.

Lugo, 4 de xullo de 2019

+ posts

ÚLTIMAS

A residencia das Gándaras, en Lugo, supera os 9 millóns de investimento: máis habitacións individuais e melloras na seguridade

O Goberno galego deu luz verde este luns ao expediente de gasto da modificación...

Dous anos de prisión e multa de 2.195 euros por tentar introducir cocaína e haxix no cárcere de Bonxe

Unha moza acusada de tratar de introducir cocaína e haxix no centro penitenciario de...

Detidas dúas persoas en Lugo por cometer furtos en establecementos comerciais

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron a un home e a unha muller...

OPINIÓN: Os que quedaron: memoria, ausencia e emigración no Día de Defuntos

Cada comezo de novembro, os cemiterios galegos énchense de flores, de visitas e de...