InicioSucesosSuspenden a actividade na gardaría Gregorio Sanz por mor do lume que...

Suspenden a actividade na gardaría Gregorio Sanz por mor do lume que arrasou unha casa próxima

As chamas que destruíron unha vivenda situada a poucos metros non chegaron a alcanzar a escola. Mañá, xoves 4, xa volverá abrir con normalidade.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Redacción e EP.- A escola infantil Gregorio Sanz, situada na Avenida de Vila Verde, manterá suspendida a súa actividade este mércores 3 de xullo por mor do incendio que afectou unha vivenda próxima.

Así o informou o goberno local da cidade logo de que o tenente de alcalde, Rubén Arroxo, e o edil responsable de educación, Felipe Rivas, acudiran pola mañá ás instalacións da gardaría. As chamas que destruíron unha vivenda unifamiliar situada a poucos metros do edificio non alcanzaron o inmoble pero, aínda así, decidiuse suspender a actividade na escola municipal durante o día de hoxe, mércores.

Felipe Rivas informou de que mañá mesmo xa se recuperará a normalidade na gardaría e as instalacións volverán abrir segundo o previsto.

 

+ posts

ÚLTIMAS

As XXXVII Xornadas Luis Asorey analizarán os potenciais terapéuticos dos recursos naturais

  O salón de actos do Pazo de San Marcos acollerá do 9 ao 19...

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

O Concello de Lugo e as asociacións do Arde Lucus levarán a recreación histórica da festa á feira INTUR de Valladolid

Concello de Lugo levará o Arde Lucus á 29ª edición de INTUR, a Feira...

A Deputación participa na nova reunión da veciñanza do Courel arredor da castaña

  A Deputación de Lugo participou este sábado na XXXVII Festa da Castaña do Courel,...